UN OUTONO CHEO DE ACTIVIDADE!!!

Cada ano, o 23 de setembro CHEGA O OUTONO e como di o poema:

“Os paxaros marchan ,

buscando a calor.

As follas caen

e cambian de cor.

O día é máis curto,

quenta pouco o sol.”

...

E coa nova estación, ao noso cole chega tamén un vendaval de actividades e acontecementos que celebrar!!

Decoramos as aulas e os corredores

Vestimos de outono a árbore da estacións

Organizamos unha exposición de follas que recollemos da natureza

Aprendemos poemas...

Logo, xa avanzado o mes de outubro, o día 17, celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS:

Aprendemos poemas compostos por grandes poetas que viviron hai moitos anos, coma Rosalía de Castro e Gloria Fuertes e doutras máis novas, coma Ana Mª Fernández e Violeta Monreal...

Baixamos ao BIBLIOCASTELO e investigamos en equipos para descubrir libros escritos por algunhas destas e doutras coma Fina Casalderrey, Eva Mejuto, Paula Carballeira, Ana Alonso...

O día 24 dese mes celebramos, nada menos, que O ANIVERSARIO DE PAPIRUS!!!! e para festexalo:

Cantamos a CANCIÓN DE PAPIRUS!! Sabiades que ten unha canción ?!!! É chulísima!! Sabedes quen  a canta no disco?!! A PROFE MARTA!!! Dá gusto oíla!! Que voz tan fermosa...!!!

Xogamos no BIBLIOCASTELO a interpretar os códigos de letras e números que traen as etiquetas dos libros que alí garda PAPIRUS!!!

Na última semana do mes andamos revolucionadxs!!!!!  Todo se torna escuro, é tempo de espíritos, feitizos, bruxas e curuxas porque CHEGA O SAMAÍN!!!

Investigamos sobre a ORIXE CELTA desta festa que os migrantes irlandeses levaron aos Estados Unidos e que desde alí fixeron famosa no mundo enteiro co nome de HALLOWEEN.

Compuxemos unhas “sortes” e decorámolas para formar parte do mural de Samaín do recibidor do cole.

Decoramos CABAZAS para participar na EXPOSICIÓN que todos os anos se organiza no cole. ESTABAN IMPRESIONANTES...!!!

Fomos difrazadxs a clase !!!! Estabamos ghuapísimxsssss!!!

E co mes de NOVEMBRO, chegou outra celebración, O MAGOSTO!!!!

Que ricas as castañas que trouxemos picadiñas da casa e que Ramón e mais Martín asaron para nós!!!!!

Ademais, puidemos baixar a divertirnos cos XOGOS TRADICIONAIS que a ASOCIACIÓN CORREDOIRASnos presta cada ano!!! Non hai nada mellor que pasalo ben cxs amigxs!!!

O martes, 22 de novembro viñéronnos visitar uns representantes da CONSELLERÍA DE PESCA E ALIMENTACIÓN para organizaren un obradoiro sobre ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

Entre vídeos e xogos explicáronnos a importancia de incluír o peixe e o marisco na nosa dieta.

Tamén aprendemos que ademais do seu exquisito sabor, estes produtos do mar proporcionan ao noso corpo uns nutrientes de extraordinario valor.

Amosáronnos unha forma diferente e novidosa de consumilos: en latas de conserva e no medio do pan!!! Por iso, o obradoiro se titulaba:

“FAI CLIC AO TEU BOCATA!!!”

Rematamos o mes vestindo o corredor de violeta e celebrando

O 25 DE NOVEMBRO, O DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Falamos nas aulas e reflexionamos sobre o feito de que

as persoas, independentemente do sexo, nacemos libres e iguais en dereitos e responsabilidades; de modo que debemos ser tratadas por igual.

NINGUÉN TEN DEREITO A DICIRLLE QUE A NINGUNHA NENA

 QUE, POLO FEITO DE SELO, NON É LIBRE DE TOMAR AS SÚAS PROPIAS DECISIÓNS E PERSEGUIR OS SEUS SOÑOS, DE SER QUEN ELA QUEIRA SER!!!!

Días despois veu Uxía a facernos unha dramatización de dous contos MARUXA e DANIELA PIRATA. Que fantástica actriz é Uxía!! Pasámolo xenial!!

FOI UNHA EXPERIENCIA IGUAL DE CONCIENCIADORA QUE DE DIVERTIDA!!!

Durante o mes de decembro, decoramos as aulas, o corredor  e o recibidor do cole para

 

CELEBRAR A CHEGADA DO NADAL!!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO: