PROXECTO METEOESCOLAS 4º B
Esta semana do 21 ao 25 de marzo de 2022, volveunos tocar a caixa meteorolóxica. Xa estivera con nós a semana do 22 ao 26 de novembro de 2021, e quixemos esperar, para facer unha comparativa entre o rexistro do tempo en outono e en primavera.
Cal foi a nosa sorpresa ao comparar os datos recollidos, que as medicións son moi similares. Agora tócanos rematar o traballo, facendo dous climogramas que o representen, tarea na que o alumnado está metido de cheo.
Como resumo podemos destacar os seguintes datos:
L M Me. X V
Do 22-26 Nov. T. máx. ºC 22,3 14,4 16,6 16,6 15,3
T. mín. ºC 7 8,4 8,7 7 6,5
Humidade % 55 54 58 70 55
Precipitacións ml 0 0 0 4 0
Do 21-25 Marzo. T. máx. ºC 23 20 16 20,1 24,7
T. mín. ºC 7,7 11 10 8,3 8,3
Humidade % 60 52 55 57 57
Precipitacións ml 0 0 4 0 0
Como podedes observar subiron un pouco as máximas e as mínimas, pero a chuvia foi a mesma.
Xan non se pode un fiar dos cambios das estacións!!!