Experimentando no laboratorio
Os alumnos de 3º volvemos ao laboratorio a semana pasada para realizar un experimento moi curioso co que descubrimos canta graxa se agocha nos alimentos que consumimos.
O experimento consistía en frotar diferentes alimentos sobre un papel: arandos, mandarinas, galletas, queixo e chourizo. Despois esperamos un anaco para que secase a auga que soltaran, miramos o papel a contraluz e... aí estaba!
Descubrimos que as froitas non deixaron marca no papel porque non tiñan nada de graxa, as galletas deixaron un pouco de marca e os embutidos deixaron un bo rastro. Sorprendeunos comprobar que o alimento que máis graxa tiña era o queixo. Agora xa estamos un pouco máis informados para manter unha dieta equilibrada.
E xa que estabamos no laboratorio, aproveitamos para coñecer un pouco máis sobre as nosas pegadas dactilares. Todos nos emborronamos os dedos de tinta negra para deixar as nosas pegadas sobre un papel e comparalas. Foi como ser detectives por un día!