blogue deAmalia Omil

ENTROIDO 2021

Se nos deixásemos levar pola melancolía, o Entroido sería sen lugar a dúbidas unha boa época para facelo. En nada se pareceu esta celebración á que tradicionalmente se facía no noso centro. Non puido ser, a situación epidemiolóxica non o permitía. Aínda así, ben separados, e en filas cantamos todo o colexio xunto a canción SON DE BUEU  da comparsa "Vou nun Bou. 

 

Aínda que non houbo pasarrúas, nin compartimos comidas típicas destas datas, si que o profesorado nos permitiu disfrazarnos.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro celebramos no cole o Día Internacional da Muller e da Nena  na Ciencia. O alumnado de terceiro non quixemos pasar deapercibido este día e enmarcándoo dentro do obxectivo de desenvolvemento sostible número 5, que nos fala da igualdade, vimos primeiro o vídeo de No More Matildas, para concienciarnos da inxustiza histórica que dende as institucións se levaron a cabo coas mulleres científicas. 

Despois fixemos un pequeno traballo de investigación sobre tres científicas galegas:

-Ángeles Alvariño

- Ángela Ruíz Robles 

- Jimena Fernández de la Vega (nomeada recentemente como muller da ciencia en Galicia 2021).

 

Se queres saber máis información sobre esta actividade pincha na seguinte imaxe e poderás acceder ao blog do bibliocastelo.

DÍA DA CANDELORIA

Sabedes quer o día 2 de febreiro é o día da Candeloria? Di a tradición que ese día cásanse os paxaros.

Neste fermoso mural atópanse andoriñas, pegas, merlos, corvos, gaivotas, petos, pardais ... todos especies de paxaros que habitan na nosa Terra. Dentro de cada un deles hai fermosas palabras ou expresións que evocan cariño ou amor: Miña rula, Meu ben, meniña, parruliña, bichiño, meu amor, ... 

Cada neno e nena do cole elixiu e decorou un destes paxariños, escribindo logo esas palabras que lembran como lle chaman na casa ou que lle gustan especialmente.

O alumnado de terceiro aportou varias destas imaxes pero, como non cabían todas, fixeron outro mural nas portas das súas clases.

 

ODS 4 e 16

Aproveitando que o día 21 de xaneiro foi o Día  Internacional da Educación e o 30 de xaneiro o día Escolar da non violencia. o alumnado de terceiro traballamos dous dos obxectivos de desenvolvemento sostible:

Vimos e traballamos a película "Camiño á escola" onde comprobamos o esforzo que catro nenxs teñen que facer para chegar ao cole cada día.

O

Para conmemorar o Día Escolar da non Violencia cantamos a canción "Un veleiro verde" De María Fumasa:

 

Tivemos a sorte de interpretala en lingua de signos grazas a xuda de Rosa Louro, intérprite de signos do noso cole e que sae no vídeo da canción.

Tamén elaboramos un veleiro verde con papiroflexia e o levamos todos felices para casa.

A INESQUECIBLE TÁBOA DE MULTIPLICAR

A familia de  Roque, alumno de 3ºA, tivo a fantástica idea de facernos a demostración de que as táboas de multiplicar nunca se esquecen.

 Esta entrañable mulleriña chámase Esperanza, ten 96 anos  e é a bisavoa de Roque.

 Ollade este vídeo!

MOITÍSIMAS GRAZAS!

PROXECTO DE ALIMENTACIÓN TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de terceiro levou a cabo un interesante proxecto sobre a alimentación. Constuíron pirámides e rodas de alimentos para ter boa conta do que é unha dieta saudable, recoñecer o que temos que comer en maior ou menor cantidade e o que é máis importante,por que debemos alimentarnos axeitadamente.

Ademais cada neno ou  nena individualmente investigaron e se fixeron expertos e expertas en diferentes aspectos:

 

 Pirámide de alimentos

Roda de alimentos

Alimentos de orixe animal

Alimentos de orixe vexetal

Alimentos construtores

Alimentos reguladores

Alimentos enerxéticos

Substancias nutritivas.

Vitaminas e minerais

Proteínas

Graxas

Hidratos de Carbono

Sistemas de conservación de alimentos

Etiquetado de alimentos

Alimentos frescos

Alimentos conservados.

Dieta atlántica galega

Dieta mediterránea

Dieta latinoamericana

Dieta anglosaxoa

Dieta okinawa

Dieta china

Dieta nórdica

Dieta francesa

  Nestas presentacións dixitais tedes boa mostra de todo o que descubriron:

 

3ºA

 


Neste vídeo poderedes acceder a unha galería de fotos de todo o alumnado de terceiro no momento que fixeron a exposición dos seus traballos para comunicarlle aos seus compañeiros e compañeiras todo o que descubriran:
 

 

POEMA DE INVERNO

Para conmemorear a chegada do inverno, e como broche final ao primeiro trimestre, o alumnado recita un poema de de Antonio Garcí a Teijeiro, dende os seus fogares.

Neste primeiro vídeo son nove as nenas e nenos que se animaron a gravarse. En días poteriores iremos publicando a os que se decidan.

 

NADAL 2020

QUE A SOLIDARIEDADE  DO NADAL SEXA A NOSA FONTE DE ENERXÍA HABITUAL!

Este significativo lema foi o gañador do concurso que o equipo de Dinamización linguüística organiza  cada ano porestas datas. O gañador foi PABLO CUBERO PICOS, alumno de 5º de E. Infantil, e irmán de Lola, alumna de terceiro.

Con esta postal, felicítase ás institucións e a toda a comunidade escolar. O alumnado de terceiro de E. Primaria puxeron o seu gran de area ao elaborar con material de refugallo estas postales que forman parte do mural.

O alumnado de terceiro, demostrou que cría no lema gañador, porque ante a suxestión do cole de traer alimentos para compartir coas persoas necesitadas responderon maxivamente, e boa conta que o fixeron o da esta imaxe:

Elaborararon a  árbore dos desexos, e nel, non hai peticións de agasallos particulares, senón ilusións para que se acabe a pandemia, para que deixemos de contaminar, para que rematen as guerras, para que toda a rapazada teña dereito á educación, ou  a unha sanidade de calidade.

Cada bola ou campá decorada da árbore ten unha mensaxe e serve de enganche a foto de cada neno ou nena. 

A profe Lina contoulles coa técnica xaponesa do kamishibai a historia do Apalpador.

Agora toca descansar, tras rematar este primeiro trimestre, no que se portaron xenial. O profesorado queremos darlles oa noso parabéns, porque se adaptaron perfectamnete ás normas impostas polo protocolo Covid, e deserxarlles:

FELICES FESTAS!

 

GUÍAS DE LECTURA EN GALEGO PARA TODAS AS IDADES

XA NOS ESTABAN TARDANDO!

O pasado venres o alumnado de terceiro levou nas súas mochilas as famosas guías, que cada ano lles agasalla a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.

Con estas guías estas mestras e mestres pretenden fomentar o uso da nosa lingua, dar a coñecer a fantásticas escritorae e escritores e aconsellarnos á hora de eliixir os regalos non só neste Nadal, senón todo o ano.

Dende este blog, dámoslle as grazas en xeral a todos estes mestree e mestras e  en particular a Ana Valuja e a Terabelos teatro que se encargan cada ano da enmaquetación e a Anum Zahra, artista novel, quen desinteresadamente ilustrou tan fantasticamente ben.

Tamén agradecer a Deputación de Pontevedra que un ano máis financiou a impresión.

 

INFANTIL: PRIMARIA: SECUNDARIA:

SAMAÍN

O alumnado de 3º A e 3ºB fixemos unhas adiviñas moi chulas de personaxes galegos que dan MOITÍSIMO MEDO:

 

QUEN SON?

 

Este ano por mor da pandemia non puidemos facer exposición de cabazas, pero algúns si que viñemos disfrazados.

Distribuir contido