ANA ALONSO VISITA O NOSO COLE
O pasado venres, 25 de marzo, o alumnado de cuarto, tivemos a sorte de recibir a visita de Ana Alonso. Estabamos supermotivadxs, pois, como vos contamos nunha entrada anterior, neste segundo trimestre, estivemos lendo o libro de poemas OLOR A MAR, SABOR A CHOCOLATE.
A escritora, contounos que sempre lle gustou ler. Díxonos que a súa casa estaba chea de libros e que cando tiña, máis ou menos a nosa idade empezou a escribir poesía. Era unha nena moi tímida e escribir permitíalle desfogar todas as súas emocións. Escribía para ela, ata que un día se atreveu a presentarse a un concurso e gañou. Iso doulle seguridade en si mesma.
Ana, leunos algún dos seus poemas, pero cando se entrou que nós tamén recitabamos e que fixeramos un recital de poesía pediunos que foramos nós quen llo fixeramos a ela.
Contestou, moi amablemente á infinidade de preguntas que lle fixemos.
Aquí queda unha galería de imaxes desta visita inesquecible.