CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O mércores pasado, celebrouse o día de Rosalía de Castro. Por primeira vez este ano, e despois de 185 anos do seu nacemento, cambiou a data do 24 de febreiro, despois da investigación da filóloga Sagrario Abelleira, que averiguou, que a escritora naceu o 23 de febreiro e non o 24 como ata o de agora pensábamos.

Os días previos a data sinalada estivemos facendo diferentes actividades, e aprendendo moitos datos sobre a súa biografía e os seus libros.

Tivemos a sorte de contar coa visita ao colexio de Esteban, de Tarabelos, que co seu monociclo e o seu kamisibai, amenizounos a xornada, contándonos un relato do libro "Cantares Gallegos", "Vidal o Sinventura". Ademais propúxonos facer debuxos na aula, relacionados co conto, para que o 9 de marzo, podamos pintalos no muro do patio do colexio, e que quede reflexada a arte tan grande que posúe o noso alumnado. 

Ademais cantamos o poema de "Has de cantar", da adaptación de Uxía, incluído no disco de "Rosalía Pequeniña", que fomos aprendendo os días anteriores. No seguinte video podedes ver imaxes que mostran o ben que o pasamos conmemorando a nosa escritora Rosalía de Castro!!!