NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO: A VOLTAS COA COMPOSTAXE
O pasado mércores 17 de novembro, dentro da programación de actividades de ciencia en galego, recibimos a visita de Antón, un mestre composteiro.
Contounos que a natureza composta de xeito automático, pero que os composteiros axudan a que o proceso sexa máis rápido. Aprendemos que parte do lixo se pode compostar e cal debemos destinar a reciclar.
Aproveitou a súa charla para falarnos de sostibilidade. Como o ser humano está destrozando o planeta coas montañas de lixo que provoca cada día. Recordamos todo o que aprendemos no curso anterior co proxecto dos ODS.
Falounos das famosas tres R. Por orden de importancia:
R de reducir: Só debemos cmercar o que estamos seguros que imos usar.
R de reutilizar: Debemos darlle todas as vidas que podamos aos produtos
R de reciclar: O que non poidamos reutilizar debemos botalo no contedor correspondente de reciclaxe.
Antón volveu vir este mércores. Agora veunos contar quen vive no composteiro. Foi unha actividade moi didáctica e entretida!
Fomos ao composteiro do noso cole, collemos compost, e ataviados con pinceis, lupas, vasiños transparentes e microscopio, buscamos a toda a bichería que alí había. Buscábamos no panel como se chamaba e o mestre íanos contando cal era a súa función ou que significaba que houbera moitos ou poucos.
Debemos dicir que non nos deu ningún repelús. E que Antón conseguiu que respectáramos aos bichos porque agora sabemos a importancia que teñen para que a natureza funcione á perfección. Podedes estar segurxs que agora, antes de pisar un insecto, ímolo pensar dúas veces.
Neste vídeo poderedes comprobar a maneira tan divertida que tivemos de aprender.