O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS ENTRA NAS NOSAS AULAS CUNHA VISITA DE EXCEPCIÓN
O mércores, 17 de novembro, tivemos a espléndida visita
de Suso, o pai de Aixa, que foi alumno do noso cole e é
biólogo no Parque Nacional das Illas Atlánticas, polo que
nos fixo un pequeno percorrido a través delas,
mostrándonos os seus ecosistemas e a importancia de
conservar os seus valores naturais cun uso e disfrute
respectuosos por parte dos cidadáns.
Este ano é o 50 aniversario do cole e, como foi alumno,
comezou a súa presentación facendo unha lembranza daquel
tempo.
Comezamos o noso percorrido e.... unha imaxe vale máis que
mil palabras.
Durante a visita, aprendemos moito sobre a fauna e flora
dos seus diferentes ecosistemas como son: os cantís, os
fondos rochosos e areosos, as dunas e matogueiras e o
bosque atlántico.
Ás nenas e aos nenos resultoulles moi entretido e
interesante, contribuíndo coa súa participación en xogos e
preguntas.
Queremos agradecer aos traballadores do Parque Nacional
das Illas Atlánticas o labor que están facendo nelas e, sobre
todo, que nos transmitan e acheguen os seus coñecementos,
de balde, a todos os coles que o solicitan.
Moitísimas grazas!