VISITA DAS TANXUGUEIRAS

O venres 19 de novembro, co gallo da conmemoración do día da música, que se celebra o 22 de novembro, tivemos a sorte e a honra, de recibir no colexio a visita do grupo "Tanxugueiras". Esta semana están de celebración, pois presentaron a súa candidatura para participar no Benidorm Fest, onde poderían ser os gañadores para representar a España no festival de Eurovisión 2022, e ser o primeiro grupo que presenta unha canción, nunha lingua cooficial española como é o Galego.

Aprendimos un montón de cousas da tradición da música galega e da pandeireta,  gracias a elas:

-Primeiro pediron ao alumnado que lles fixeran un debuxo dunha pandeireta, onde tiveron que poñer as súas partes.

-Nos aclararon a diferencia entre a pandeireta e a pandeira, que se toca na zona de fronteira con Castela León e Asturias. Ademais unha das curiosidades que aprendimos é que en Galicia é o único sitio onde a pandeireta se agarra coa man esquerda e se toca coa dereita.

-Tamén nos falaron da maneira de recuperar as cancións, mediante a tradición oral. A mocidade chamaba ás portas das persoas maiores, e lles pedían que cantasen unha canción. Así se mantiñan ás cantigas de xeración en xeración. 

-Moi interesante foi tamén a forma de ensinar a tocar a pandeireta á rapazada, con distintos ritmos sinxelos (plátano, eu son de Marín...)

-Puxéronnos o video da súa canción "Figa" para adiviñar o ritmo que se utilizaba (rumba tradicional galega) e por último nos agasallaron cunha canción fermosísima cantada por elas, da que poderedes gozar no seguinte video.

 

 

 

 

 

 

QUE MAÑÁ TAN ESPECIAL!!! MIL GRAZAS POR DEIXAR QUE A RAPAZADA GOCE CON VÓS!!!