MEDRANDO XUNTOS NA PEDRA: VISITA DE ARTURO

O pasado venres, 12 de novembro, o alumnado de 4º de primaria tivemos o inmenso honor de recibir a visita de Arturo.

 

Foi importante para nós porque:

1º  Arturo é tripulante do buque oceanográfico "Ángeles Alvariño".

Arturo vén de estar co seu barco no volcán Cumbre Vieja de La Palma, actualmente en erupción.

Arturo foi alumno do noso colexio nos primeiros anos do seu funcionamento.

Empezou falando de que xa leva 10 anos navegando neste barco oceanográfico. O seu traballo é o de contramaestre. Contounos que lle gusta moito o seu oficio e que  os 8 tripulantes lévanse moi ben. Só ten un inconvinte e é estar lonxe da familia por longos períodos de tempo.

Amosounos este vídeo para que entenderamos a función deste buque:

 

 

 

 

Despois Arturo, falounos da súa última expedición: O VOLCÁN DA PALMA. O barco acompañou aos científicos e científicas para investigar o impacto que a erupción está tendo no océano. Contounos que alí tivo sentimentos encontrados. Por un lado a emoción de ver e escoitar un volcán erupcionando, pero por outro a tristeza ao percibir tanta destrución e miseria.

Amosounos este vídeo, que el mesmo gravou dende o mar. A todos nos impresionou como ruxe o volcán.

 

Por último falounos da súa experiencia como alumno deste cole. Contounos que había clases mañá e tarde. Ao mediodía marchaban a casa a comer e despois tiñan que volver. Acordábase dalgunhas das súas mestras e mestres, como Doña Elisa ou Don Manuel. Chamounos moito a atención que os chamaran de Doña e Don. No recreo, explicounos que no patio de terra xogaban ao galope, aos trompos ou ás canicas. Na pista, que aínda existe, xogaban ao fútbol.

Díxonos que, por aquel entón, nin os pais nin as nais viñan traelos. A rapazada maior traía aos pequenos e pequenas ata o centro.

Arturo respondeu ao aluvión de preguntas que lle fixemos cunha paciencia infinita. 

MOITÍSIMAS GRAZAS!