Skip to Content

5º DE PRIMARIA NA DELEGACIÓN DO GOBERNO CELEBRANDO OS 40 ANOS DA CONSTITUCIÓN

Grazas á invitación expresa do Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, ao noso colexio, os alumnos de 5º de Primaria foron convidados a participar na conmemoración dos 40 anos da Constitución Española de 1978 nun acto que se celebrou o pasado 30 de novembro no edificio da Delegación na Praza de Ourense e que consistíu nunha lectura pública da Carta Magna por parte de representantes cidadás de moitos colectivos. 

As nenas e os nenos de 5º leron varios artigos da Constitución referidos á lingua, á educación, ás liberdades e á infancia, compartindo con outras persoas un acto moi significativo e simbólico do que recibimos o agradecemento persoal do propio Delegado do Goberno ao que tamén lle agradecemos haberse acordado de nós.

Preme na imaxe para ver outras fotos

Foto de grupo



blog | by Dr. Radut