Deportes

VII PARTICIPACIÓN NA CARREIRA SOLIDARIA DO CPR CERVANTES 17 de MAIO DE 2017 (LUGO, A Milagrosa)

Montaje creado Bloggif

 REGULAMENTO DA CARREIRA                                                 INSCRICIÓN NA CARREIRA

No día das Letras Galegas podemos participar na proba deportiva de carácter solidario organizada polo CPR Cervantes en Lugo na Plaza Nova da Milagrosa, detrás do Eroski. Tendes o enlace aquí para inscrición  a través de Champion Chip. Existen categorías desde gatear ata os 120 anos. O prezo solidario e de 2, 3 euros. e leva incluída a camiseta da carreira e o aluguer do CHIP se é o caso.

SALIDAS, LLEGADAS, CONTROLES Y DUCHAS. El centro neurálgico de la "VII CARREIRA SOLIDARIA DO COLEXIO CERVANTES" (recogida de dorsales, control de carrera, línea de meta, entrega de premios,...) estará situada en la Plaza Nueva de la Milagrosa.

Los dorsales para las carreras de cada una de las categorías se recogerán en la recepción del gimnasio JUMP FITNES LUGO situado en la propia plaza. Las salidas de todas las carreras tendrán lugar en la Plaza nueva de la Milagrosa, excepto la categoría ADULTOS cuya salida tendrá lugar en la calle Manuel María (delante de la farmacia Labandeira). Las duchas del gimnasio JUMP FITNES LUGO, situado en la propia plaza, estarán habilitadas para los corredores/as que las quieran utilizar. 

Las inscripciones se realizarán a través de la página https://championchipnorte.com/evento/detalle/dp/7/id/1152/vii-carreira-solidaria-do-colexio-cervantes. Plazo máximo de inscripción: domingo 14 de mayo de 2017. Todos los corredores deberá poder identificarse en caso de requerirlo la organización. Así mismo, el propio día de la carrera se abrirá una mesa de inscripción para todas aquellas personas que deseen llevar el dorsal solidario. Estos participantes no llevarán chip y por tanto no podrán optar a premio en la carrera. No se admitirán anulaciones de inscripciones. los precios son de 2 y 3 euros solidarios.

La entrega de dorsales se hará el día de la carrera desde las 09:00 h hasta las 10:45 h en la recepción del gimnasio JUMP FITNES LUGO. Se recomienda ir con bastante tiempo de antelación para recogerlos. se estiman 900-1000 participantes, puede haber cola. A partir de esa hora no se entregarán más dorsales. Todos aquellos corredores que se inscriban el propio día de la carrera, lo harán en la carpa colocada en las inmediaciones del gimnasio JUMP FITNES LUGO, estos corredores portarán el dorsal solidario, no llevarán chip y por tanto no optarán a premio final ni a avituallamiento. A partir de esa hora no se entregarán más dorsales. 

 La finalidad principal de esta carrera es meramente solidaria por lo que no habrá premios, pero sí trofeos para los tres primeros clasificados, tanto en la categoría masculina como femenina, de cada una de las pruebas. También habrá trofeos por equipos, para ello contarán los premios de los ocho primeros en cruzar la meta de cada equipo. Al finalizar las carreras, habrá unos sorteos, entre los participantes en la categoría Adultos, de diferentes obsequios por gentileza de algunos de nuestros patrocinadores.

 

 

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS EN VILALBA

ESTE SÁBADO 11 DE MARZO TEMOS UNHA CITA CO DEPORTE AUTONÓMICO NAS INSTALACIÓNS DA MAGDALENA 

COMEZA TEMPORADA DE DUATLÓN: 2ª CLASIFICATORIA EN LUGO, PROVINCIAL EN VILALBA

CLASIFICATORIO DUATLÓN ESCOLAR LUGO (PASEO RIO RATO)

 

SÁBADO 18 MARZO 2017Restaurante TERRAS DO MIÑO.

Montaje creado Bloggif

 

Saída do BUS: hora e lugar sen decidir, estade pendentes na web do cole.

 

Data e horario da carreira:sábado 18 de marzo de 2017ás 3:15h pm

 

Lugar da competición: no paseo do Rato, á altura do restaurante Terras do Miño. En transporte particular ide con tempo porque 1h antes péchase o tráfico.

 

Horario da carreira:Sábado 18 de marzo de 2017 ás 3:15h pm

  • Saída categoría benxamín ás 16:00h
  • Saída categoría alevín ás 16:20h
  • Saída categoría infantil ás 16:50h
  • Saída categoría cadete ás 17:30h
  • Hora de remate das probas ás 18:20h

Distancias:

  • Categoría benxamín ( cursos 3º e 4º): 0,5 km de carreira a pé – 2 km en bicicleta – 250m de carreira a pé
  • Categoría alevín ( cursos 5º e 6º): 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 500m de carreira a pé
  • Categoría infantil ( cursos 1º e 2º ESO): 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta –750 m de carreira a pé
  • Categoría cadete ( 3º e 4º ESO): 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé 

 

Recollida de dorsais:na carpa de organización, nas inmediacións da transición, zona do restaurante Terras do Miño, desde 03:15 h pm (45´ antes do comezo) de cada proba ata 10´ antes da saída. Os dorsais recíclanse, é preciso devolvelos para tomar a auga e a froita que nos agasalla a organización.

 

Verificación de material: 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis       ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos e o casco posto, que non se mova). Recoméndase bicicleta de marchas, se alguén non dispón  de caso ou bici, que acuda con tempo para que o clube lle poida prestar algunha, Preguntar por Juan( papá de María Morado ou por Adrián) se tedes algunha dúbida pedídelle axuda a algún neno do cole que vaia a tríatlon.

 

Premios:medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría  e clasificación para o Campionato Provincial por chegar á meta. Os participantes clasificados competirán en Vilalba no Provincial de Duatlón.

  

Inscrición: Confirmar asistencia e inscrición a 616501003 como máximo o martes 12, ás 18:00pm. Precisamos Nome Apelidos e Data de Nacemento.

 

Apuntarse é libre e voluntario.  Aqueles que se inscriban e non acudan por calquera razón deberán aboar 3€ por inscrición e non asistencia. 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS LOURENZÁ DOMINGO 19/2/17

COMPETICIÓN CAMPO A TRAVÉS: CLASIFICATORIA O DOMINGO 12 FEBREIRO 2017 NA MAGDALENA

O INSUA BERMÚDEZ NA PROBA CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS 5 DE FEBREIRO DE 2017 NA MAGDALENA (VILALBA)

 

 

 

 DESCARGADE AS LISTAS DOS EQUIPOS ACTUALIZADAS PARA A PROBA CLASIFICATORIA DO DOMINGO 12 DE FEBREIRO DE 2017 NO ESTADIO DA MAGDALENA.

 

 

SUSPÉNDESE A PROBA CLASIFICATORIA DE CAMPO A TRAVÉS DESTE DOMINGO E APRÁZASE PARA O PRÓXIMO DOMINGO 12

O luns 6 febreiro pasarase novo listado para saber quen asistirá e facer os equipos!

 NotaWeb_Campo_Través_InsuaBermúdez_Clasificatoria_2017

Circuito_Insua_Bermúdez_PDC_PROXECTA_Sello_centro_saludable

Descarga o listado de persoas inscritas a 02/02/2017

INSUA BERMÚDEZ CANDIDATO AO SELO DE CALIDADE: CENTRO SAUDABLE 2016-17

O Noso centro leva anos traballando en prol dunha Educación Pública e de Calidade, non é unha nova, tampouco o é que nestes últimos anos vimos traballando nun fermoso Proxecto de Educación Física Saudable, polo que nos animamos a recoller tódalas experiencias realizadas e elaboramos unha memoria para acceder como candidatos ao selo de Calidade: Centro Saudable 2016-17.

 

Montaje creado Bloggif 

Clica na imaxe para acceder ao documento ou preme na icona para descargalo

GRANDE PARTICIPACIÓN DO INSUA BERMÚDEZ NA I PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS

Montaje creado Bloggif

Podedes descargar os resultados en adxuntos ou premendo neste enlace

Superamos a nosa mellor inscrición no Campo a Través, acudindo cunha Marea Azul de 169 atletas inscritos. Parabéns a todolos atletas, grazas por esforzarvos nun estilo de vida saudable a pesares do frio e da chuvia.

Lembrade que os equipos faranse por orde de chegada e o luns débese mandar o listado dos equipos inscritos, convén que teñades moi claro se ides participar ou non para non perxudicar a ningún equipo.

Vémonos o próximo domingo 5 de febreiro na Clasificatoria. Imos aló! 

CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ ENFRONTASE AO DESAFÍO DE DISPOÑER DUN ESPAZO CARDIOSAUDABLE CON DESFIBRILADOR

Montaje creado Bloggif

 

No noso centro levamos anos traballado en proxectos a prol da saúde. Estamos convencidos, gracias ao Sr. Lalonde, que a educación en estilos de vida saudables supón unha gran inversión en saúde. Dende hai anos vimos facendo formación EN RCP na área de  EF co alumnado de Infantil e Primaria, o centro dispón dun boneco de ensaio de RCP e o noso alumnado practicou e practicará o derradeiro protocolo RCP básico da AMERICAN HEARTS ASSOCIATION e da EUROPE RESEARCH COUNCIL.

Nesta ocasión coñecemos a posibilidade de que o Centro sexa ESPAZO CARDIOPROTEXIDO ao se dotar dun DESFIBRILADOR SEMIAUTOMÁTICO a través dun programa da FundaciónSalvavidas.org " As pulseriñas salvavidas" . Sen nengunha inversión inicial, vendemos unhas 800 pulseriñas deseñadas por Kukusumuxu en varias cores á cantidade de 3Euros entre parentes, aos avós, tios..., estimando que tódolos nenos do centro, 322, venderan un mínimo de 3 pulseriñas acadariamos o PACK ESTRELA: DESFIBRILADOR + FORMACIÓN 8 PERSOAS + VITRINA + CARTAZ e aínda sobraría para mercar na tenda da fundación material extra.

Un Desfibrilador non é un capricho, debería ser obrigatoria a instalación en tódolos lugares públicos. Ante unha parada Cardiorrespiratoria, responder inmediatamente manexando técnicas de RCP e manexando o desfibrilador por persoal cualificado pode supoñer a diferenza entre sobrevivir ou non.  Está claro que os beneficiados directos son: os rapaces, mestres, persoal do centro e as familias que o visitan a cotío.

O martes,17 de xaneiro de 2017  farase no centro o Acto de entrega das primeiras 400 Pulseriñas e acudirá a prensa escrita a recoller a nova para darlle maior difusión ao evento e promocionar a venda e o éxito da campaña.

Os titores repartirán as pulseriñas a cada alumno/a e cando teñan os cartos daránllos ao titor, o recadado ingresarase periodicamente ata logar o obxectivo de 800. Momento no que se celebrará a chegada do noso DESA a vitrina o cartaz explicativo e a formación para 8 persoas con recoñecemento internacional.

Agardamos unha boa acollida á iniciativa e unha participación activa para lograr acadar este proxecto de saúde no CEIP Antonio Insua Bermúdez.

 

I GALA DO DEPORTE DE VILALBA

Montaje creado Bloggif

O vindeiro 8 de decembro de 2016, a partir das doce da mañá, no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba (entrada de balde), terá lugar a I Gala do deporte municipal. As bases para os nominados, elección os candidatos e máis detalles da mesma, na sede electrónica do Concello de Vilalba.

Posteriormente, farase unha comida de achegamento entre clubes/deportistas/asociacións no restaurante Montero a partir das dúas do mediodía, onde tamén, se fará entrega dun detalle de recoñecemento o labor deportivo das distintas asociacións, entidades e clubes deportivos, asistentes á mesma.

As entradas do xantar están á venda na oficina de deportes do Concello de vilalba -en horario de nove da mañá a dúas do mediodía- e no Restaurante Montero por un prezo de 20 euros ou 10 no caso de menores e 12 anos.

Finalistas:

  •  Mellor deportista vilalbés ou vilalbesa: Tania Gayoso e Judith Dobao, do Club Violeta de ximnasia rítmica; Gabriel Tembrás, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; e José Cuba, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor deportista promesa: Beatriz Felpeto, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Roberto Díaz e Carlos Yobani García, ambos do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor equipo: R.C. Vilalbés Xuvenil, TDM Feminino Concello de Vilalba e “Ínsua Bermúdez” Campo a Través.
  •  Mellor club ou entidade deportiva: Racing Club Vilalbés, Clube Atletismo Vilalba, Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor adestrador ou técnico deportivo: Ana Iglesias, Club Violeta de ximnasia rítmica, Simón Lamas, do Racing Club Vilalbés xuvenil e José Luís Puentes, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Mellor labor no deporte de base: Racing Club Vilalbés, Tdm Vilalba e CB Vilalba Feminino.
  •  Mellor entidade na promoción e fomento do deporte: Junor SL, por TDM Vilalba; Président-Lactalis, por Racing Club Vilalbés; e Valdesuso- Peugeot, por Vilalba FS.
  •  Traxectoria deportiva: Uxía Rodríguez, da Escola Taekwondo Moo Duk Kwan; Luís Vázquez, do Vilalba F.S; e 3 Nicolás Castro, do Club de Loitas Olímpicas Vilalba.
  •  Recoñemento a toda unha vida dedicada ao deporte: Jesús Roca, Taekwondo Moo Duk Kwan; Francisco J. González, R.C. Vilalbés e Vilalba F.S; José Luís Díaz, monitor de judo do Gimnasio Senra.
  •  Labor informativa ou comunicativa: Antonio López, RTVG; María Roca, El Progreso; José Luís Ruíz Lombao, Radio Principal Vilalba – Cadena Ser.
  • Mellor evento ou actividade deportiva: Festival Terra Chá de ximnasia rítmica; I Carreira Andaina Nocturna e  XXVIII Torneo Villa de Vilalba da Escola Municipal de iudo.
  • Mellor deportista ou equipo discapacitado: Antonio López –iudo-, ASFADIVI –varios- e Iván Montero –ciclismo-.


Tamén se entregarán ata unha ducia de mencións especiais. Jorge Tato, a título póstumo, -fútbol-; Roberto Trashorras –fútbol-, Jesús Roca –taekwondo-, Antonio Montes –taekwondo-, Juan Carlos Quintana -taekwondo-, José Luís Díaz –iudo-, Luís Vázquez –fútbol sala-,  Juan Antonio González, a título póstumo, -tenis-; CB Vilalba Feminino –balonceso-, TDM Vilalba Feminino –tenis de mesa-, a Escola de Movemento –danza- e Protección Civil de Vilalba recibirán cadanseu recoñecemento.

Nova reproducida íntegramente da Fonte "Xornal Dixital TERRA CHÁ" clicar para ver a fonte.

Distribuir contido