LETRAS GALEGAS 2014


O NOSO COLEXIO CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS: CARTAZ DA ACTUACIÓN DE MINI E MERO - ALUMNOS POSANDO DIANTE DA CRISTALEIRA COA POESÍA PENÉLOPE

Penélope de Xosé Maía Díaz Castro musicada por Mini e Mero

Documental sobre Xose Manuel Díaz Castro; Letras Galegas 2013-14

RELACIÓN DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS - CURSO 2014-2015

RELACIÓN DEFINTIVA DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

PARA O CURSO 2014-2015 NESTE CENTRO

 

ELÉVASE A DEFINITIVA A DECISIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DESTE CENTRO EN REUNIÓN LEVADA A CABO O DÍA 25 DE ABRIL DE 2014 QUE ACORDARA O SEGUINTE:

 

1º.- As solicitudes correspondentes ao alumnado para o nivel de 4º DE INFANTIL ( Infantil–3 anos), sobrepasa o número de vacantes estipulado, xa que so hai 25 prazas dispoñibles e presentáronse 30.  A relación de admitidos e non admitidos queda como segue:

 

** ALUMNADO ADMITIDO PARA 4º DE INFANTIL (INFANTIL 3 ANOS)

 

a) POR SER USUARIOS DE TRANSPORTE ESCOLAR OFICIAL  (9) 

 

Apelidos e Nome

p

1

Rábade González, Aitor

T

2

Seoane Pena, Olaya

T

3

García Hermida, Hugo

T

4

Gato Gomez, Xosé

T

5

Novo Rodríguez, Noa

T

6

Zamora Millor, Lucas

T

7

Cabaleiro Combarro, Enea

T

8

Castro López, Jairo

T

9

Codesal Díaz, Xoel

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

        b) ALUMNADO ADMITIDO POR BAREMO (16) 

Apelidos e Nome

p

10

Candia Cabana, Sheila

17

11

García Otero, Bruno

15

12

Guizán González, Lucas

15

13

Guizán González, Martín

15

14

Vivero Álvarez, Claudia

14

15

Anido García, Sara

14

16

Fraga Castro, Nuria

12

17

Sayyad Ahaddach, Anas

9

18

Seoane Souto, Enrique

8

19

Balseiro García, David

8

20

Fouz Sánchez, Rodrigo

7

21

Coma Ares, Nerea

7

22

Prado Vázquez, Laura

6

23

Rodríguez Lamas, Adrián

6

24

Souto Miragaya, Sofía

6

25

Vilas Castro, Icía

6

 

** ALUMNADO NON ADMITIDO (5)

Apelidos e Nome

p

26

Bellas Leal, Valeria

6

27

Carballido Cendán, Nadia

6

28

Castrelo Silva, Martina

6

29

Prado Rivero, Daniela

5

30

Torres Parga, Yago

0

 

 

Estes 5 alumnos terían praza na ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE VILALBA.

 

 

2º.- As solicitudes correspondentes ao alumnado para o nivel de 1º DE PRIMARIA, sobrepasa tamén o número de vacantes estipulado, xa que so hai 25 prazas dispoñibles e presentáronse 28.  A relación de admitidos e non admitidos queda como segue:

 

** ALUMNADO ADMITIDO POR BAREMO (25)

 

Apelidos e Nome

p

1

Seoane Vázquez, Aldara

17

2

Pérez Ares, Rubén

15

3

Puentes Antas, Irene

14

4

Sande Fernández, Irene

14

5

Fraga Regueira, Icía

14

6

Fraga Regueira, Roi

14

7

Orosa Basanta, María

11

8

Leiras Orosa, Adrián

11

9

Sánchez Del Río Gentil, Brais

10

10

Leiras Pardiñas, Paula

9

11

López Martínez, Antía

9

12

Barros Vizoso, Sergio

9

13

Díaz Orosa, Iker

9

14

Díaz Barreira, Alejandro

9

15

Paz Tembrás, Paula

8

16

Zamora Campos, Laura

8

17

Cillero Ameijide, Martín

8

18

Martínez Vivero, Irene

7

19

Novo Rodríguez, Desirée

7

20

García Pena, Saúl

7

21

González Rodríguez, Adriana

7

22

Lamas Paz, Noa

6

23

Pajón Carreira, Jaime

6

24

Ramil Bello, Claudia

6

25

Doval Gato, Alessandra

6

 

 

** ALUMNADO NON ADMITIDO (3)

 

Apelidos e Nome

p

26

Guerreiro Durán, Ángel

6

27

Reigosa Fernández, Adrián

5

28

Folgueira Ardao, Samuel

4

 

 

Estes 3 alumnos terían praza no CEIP MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA.

 

 

3º.- A solcitude do alumnado para o curso escolar 2014-2015 correspondente a 2º DE PRIMARIA queda admitida xa que non sobrepasa o nº de vacantes estipulado.

 

Apelidos e Nome

p

1

Viña Varela, Simón

---

 

  

 

 

NOTAS.- Independentemente do centro escolar asignado, os solicitantes terán que facer a formalización de matrícula no prazo estipulado para elo: do 20 ao 30 de xuño de 2014.

 

Os expedentes do alumnado que cambia de centro serán remitidos aos centros respectivos polo centro receptor das solicitudes.

 

Vilalba, 7 de maio de 2014

 

A DIRECCIÓN

 

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE DUATLÓN ESCOLAR

 

O sábado 26 de abril de 2014, celebrouse en Lugo, á ribeira do río Rato, a Final provincial de Duatlón escolar 2014. Contou con 60 participantes clasificados previamente nas probas de Guitiriz e Mondoñedo en diferentes categorías.

Horario da carreira Sábado 26 de abril de 2014 

Saída de Vilalba na estación de servicio GALP ás 2:30h da tarde, un autobús recolle aos atletas clasificados destino ao circuíto. O hotario das probas :

  • Recollida de dorsais: Na carpa de organización o carón dos boxes desde 45´ antes do comenzo de cada proba ata 10´ antes da saída. 
  • Saída categoría benxamín ás 16:00 
  • Saída categoría alevín ás 16:20 
  • Saída categoría infantil ás 16:50 
  • Saída categoría cadete ás 17:30 
  • Remate das probas ás 18:20 

 Distancias (Igual ca sempre):

  • Categoría benxamín: 0,5 Km de carreira a pé – 2 Km en bicicleta – 0,250 Km de carreira a pé. 
  • Categoría alevín: 1 km de carreira a pé – 4 km en bicicleta – 0,5 km de carreira a pé 
  • Categoría infantil: 1.5 km de carreira a pé – 6 km en bicicleta – 0.750 km de carreira a pé 
  • Categoría cadete: 2 km de carreira a pé – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pé 

 

Saída, boxes,meta e entrega de trofeos: 

No paseo do Rato a altura do restaurante Terras do Miño. Se ides pola vosa conta contade que o circuíto pecha un pouco antes da proba.

Premios: 

Normas de competición 

A carreira rexese segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 2014 que edita a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. 

Reportaxe fotográfica.

Clica na ligazón para acceder ao cartafol de imaxes do evento.

Crónica Duatlón Mondoñedo 12 de abril de 2014.

O pasado sábado 12 de abril celebramos en Mondoñedo a última proba clasificatroria de Duatlón escolar na zona de Lugo.

Cando en Vilalba o tempo acompañaba á saída no bus oa chegar a Mondoñedo as condición se volveron máis frias. Na proba benxamín contamos con máis atletas que na proba anterior de Guitiríz. Jairo Carracedo entrou terceiro e Nerea Carracedo acariciou o podium ao que sen dúbida chegaría se non se vira penalizada na proba ciclista. Destacamos a actuación de Sergio Franco que tamén se clasificou para a final Provincial a celebrar o sábado 26 de abril. Na proba anterior de Guitiriz lograran a clasificación para a provincial Miguel Paz, Alberto Pérez, Guadalupe Martínez, Lucía García. Lembramonos de Carmen Lias que probou por primeira vez o duatlón e tras unha salída boa tivo que retirarse con molestias. Parabens a estes enormes deportistas.

Na categoría Alevín Excelente actuación e final María Díaz, Eva Sanmartín e Sonia Camba en féminas e en masculino Boa actuación de  Raúl Alvariño Amado, Samuel Alvariño Amado, Fermín e Raúl Sanz xunto con Diego Díaz que se clasificaron tamén. 

Na proba de Guitiriz clasificarase tamén Rubén Fraga Cal.

Adxuntamos abaixo e neste link  os clasificados para o Campionato Provincial de Duatlón Lugo que se celebrará en Lugo, a próxima cita en sábado 26 de abril no circuito do río Rato en Lugo.

Deixamosvos a reportaxe fotográfica do evento.

Clica no link para acceder ao cartafol de imaxes de Marcos Pereira

Clica no link para acceder ao cartafol de imaxes do cole

 

 

 

DUATLÓN ESCOLAR Clasificatorio de Mondoñedo

COMPETICIÓN CLASIFICATORIA DE DUATLÓN ESCOLAR MONDOÑEDO      

       

O sábado 12 abril de 2014 celébrarase en  Mondoñedo, na rúa Vilalba.  Saída, boxes e meta: Rúa de Vilalba.  Recollida de dorsais: Na carpa de organización o carón dos boxes desde 45´ ́ antes do comenzo de cada proba ata 10 ́ antes da saída.
Transporte desde Vilalba: Ás 14:30h (2:30h recolleranos o autobús procedente de Lugo na estación de servicio Galp da entrada de Vilalba dirección Lugo- Vilalba.
Comezo da Proba: Á proba comezará ás 16:00h, 4 horas da tarde.
•    Saída categoría benxamín as 16:00h.
•    Saída categoría alevín as 16:20.
•    Saída categoría infantil as 16:50.
•    Saída categoría cadete as 17:30.
•    Hora de remate das probas as 18:15.
Regreso: sobre as 19:00h, (Sobre as 7:00h) aproximadamente Na Gasolineira Galp.
O clube prestará equipo ao que non dispoña, mais dada a alta participación prevista é posible que non existan bicicletas para todos, se alguén pode traer a súa faría ben ( TRANSPORTASE NO BUS). Lémbrase que tamén se agradece traer o seu propio casco.


2ª Xornada Clasificatoria Benxamín e Alevín de Atletismo.

XOGADE – 2ª Xornada Clasificatoria Benxamin e Alevin


Disputouse en xornada de mañá do pasado domingo 6 de Abril a 2ª Xornada Clasificatoria de Atletismo en Pista do Programa Xogade para as categorías alevín e benxamín. Dos resultados destas duas xornadas saldrán os clasificados para o vindeiro campeonato provincial de atletismo que se disputará o vindeiro 11 de Maio e na cal tomarán parte as 16 mellores marcas de cada disciplina atlética.

Fotos: @Anton_Gomez Montaje creado Bloggif

 

En canto os resultados, o gañadores de cada proba foron os seguintes: Nicolás Arias (Escola Atlética Lucense) era o máis rápido nos 60 metros lisos alevín, mentras que Aleix Díaz (Escolas Lourenzá) era o mellor nos 500 metros lisos. Dentro da mesma categoría, Álvaro López (Franciscanos) gañaba a proba dos 1000 metros lisos. Carlos Moral (A Gándara) gañaba os 2.000 metros lisos e Mateo Díaz (Escola Atlética Lucense) facía o mesmo nos 2 km marcha. En canto os concursos, Javier Bustos (Martínez Otero) gañaba a proba de salto de altura e Javier Martínez (Triscos) facía o propio na lonxitude. Manuel Rodríguez (A Gándara) gañaba na proba de lanzamento de peso e Xosé Ramallal (Santa Rita) a de lanzamento de pelota.

 

Polo que se refiere os benxamín masculino, Marco Sánchez (Maristas) era o mellor na proba de 50 metros lisos e tamén na proba dos 500 metros lisos. Daniel Jato (Franciscanos) gañaba a proba dos 1000 metros lisos e Vicente Castro (Insúa Bermúdez) vencía na proba de 1 km marcha. Joel López (Franciscanos) gañaba a proba de salto de altura, Diego Rodríguez (Lucus) a de lonxitude, Lucas Manzana (A.D. Xove) a de peso e Pablo Reigosa (Maristas) a de lanzamento de pelota.

 

Xa entre as nenas alevín, Ainara Rodríguez (Escolas Lourenzá) era a máis rápida na proba dos 60 metros lisos, repetindo triunfo a mesma atleta nos 500 metros lisos.María Bouza (Escola Atlética Lucense) gañaba a proba dos 1000 metros lisos e Ana Vallines (Lourenzá) facía o mesmo na proba dos 2000 metros lisos. Marina Peixoto (Escola Atlética Lucense) gañaba a proba de 2 km marcha. Nos concursos, Paula Piñón era a mellor na proba de salto de altura e Melania López (A Gándara) na lonxitude. A mesma Melania gañaba a proba de lanzamento de peso e Lucía Varela (Franciscanos) tamén se impoñía no lanzamento de pelota.

 

Por último, na categoría benxamín femenino, Marta Sanmartín (Escolas Guitiriz) gañaba a proba dos 50 metros lisos e Ana Ben (Santa Rita) a dos 500 metros lisos. Demenchez Vázquez (Illa Verde) era a gañadora da proba dos 1000 metros lisos e Aurora Romero (Insúa Bermúdez) se impoñía na proba de 1 km marcha. Carmen García (Escolas Lourenzá) era a que máis saltaba na proba de salto de altura e Marta Sanmartín (Escolas Guitiriz) repetía triunfo na proba de salto de lonxitude. Na proba de lanzamento de peso, Sabela Sureda (Franciscanos) gañaba a proba e Natalia Moreda (Martínez Otero) era a máis forte no lanzamento de pelota.

Para ver os resultados da xornada de competición clique aquí.

Clica na ligazón para acceder á galeria de imaxes

Xornada de Atletismo Infantil

Disputouse na mañá do domingo 30 a 1ª Proba Clasificatoria de Atletismo en Pista do Programa Xogade para a categoría infantil, na que participaron un bo número de atletas procedentes dos colexios, ANPAS e clubes da provincia, no que era o primeiro contacto ca pista ó Aire Libre para a categoría infantil.

Fotos: @Anton_Gomez

Na proba dos 80 metros lisos, o máis rápido foi o atleta de Franciscanos, Carlos Alvárez cun crono de 11.68 sg, mentras que na proba feminina Cristina Castedo (Castroverde) foi a máis destacada con 11.78 sg. Nos 150 metros lisos, Pablo Tomé (Franciscanos) e Manuel Arias (Maristas) igualaban crono con 20.65. Nas féminas, triunfo para Lucía López (Franciscanos)

Carlos Alvárez (Franciscanos) repetía triunfo nos 500 metros lisos con 1.24 minutos, mentras o seu compañeiro de equipo Hugo Martínez, facía o propio nos 1.000 metros lisos con 3.27. O atleta Cristian Santos (Atletismo Friol) gañaba os 3.000 metros lisos cun tempo de 11.54 minutos. Na proba dos 500 metros femeninos, a atleta de Franciscanos Ana Martínez lograba a victoria cun tempo de 1.32 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo Lucía López lograba outra victoria nos 1.000 metros lisos cun crono de 3.21 minutos. Por último, os 3.000 metros lisos eran para a atleta do Lucus Caixa Rural, Sara López, que marcaba un tempo 11.48 minutos.

Polo que respecta os valos, Guzmán Carril gañaba os 80 metros valos cun tempo de 16.26 sg, mentras que Pablo de la Iglesia (Maristas) lograba o triunfo na proba dos 220 metros valados con 36.53 segundos. Entre as nenas, doblete para Andrea Reija (Castroverde) nos  e nos 220 metros valos. Por último, José Fonseca (Franciscanos) gañaba a proba dos 1.000 metros obstáculos.

Na proba dos 3 km marcha, Vanesa Blanco (Atletismo Friol) gañaba a proba, mentras que o seu compañeiro de equipo Marcos Burgo facía o propio na proba masculina.

Xa nos concursos, Guzmán Carril (Franciscanos) gañaba a proba de salto de altura cunha marca de 1.25 metros, mentras que nas nenas a victoria era para Lidia Barreira (Lourenzá). Manuel Arias (Maristas) gañaba a proba de lonxitude con 4.71 metros e nas nenas era Lucía López (Franciscanos) quen se impoñía con 4.36 metros. Manuel Arias (Maristas) tamén gañaba o triple salto, mentras Lidia Barreira (Lourenzá) facía o propio na proba femenina.

En canto o peso, Adrián Pérez (Franciscanos) e María Carballido (Atletismo Friol) gañaban as súas respectivas probas. David Quiroga (Triscos) gañaba o lanzamento de disco, mentras que María Carballlido (Atletismo Friol) repetía triunfo na mesma disciplina. A atleta de Franciscanos, Uxía Sureda foi a máis forte na proba de lanzamento de xabalina, mentras que entre os nenos foi para Daniel Canto (Insúa Bermúdez). Por último, Carmen Gay (Lucus Caixa Rural) foi a mellor na proba de lanzamento de martelo.

Clica na ligazón para acceder á galería de imaxes.

XVII CERTAME LITERARIO BENJAMIN PAZ

CartazXVICertameLiterarioBenjaminPaz

RELACIÓN DE PREMIADOS

MODALIDADE DEBUXO

PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ

 

INFANTIL 3 ANOS

Premio, dotado con Lote de material, debuxo enmarcado, diploma e flor natural para MATÍAS MORANDEIRA FRAGA do CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ” DE VILALBA

INFANTIL 4 ANOS

Premio, dotado con Lote de material, debuxo enmarcado, diploma e flor natural para UXÍA LEDO CORDAL do CEIP “MONSEIVANE” de Moreda-Lanzós-Vilalba.

INFANTIL 5 ANOS

Premio, dotado con Lote de material, debuxo enmarcado, diploma e flor natural para MARIO CASTRO ABOLLO do CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ” DE VILALBA.

        

MODALIDADE POESÍA

 

1º Ciclo de Educación Primaria.

Premio, dotado con 60 €, diploma e flor natural, para ILINA MARÍA DRANCA DRANCA do CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ” de Vilalba, polo poema “TER UN IRMANCIÑO”.

2º Ciclo de Educación Primaria.

Premio, dotado con 75 €, diploma e flor natural, para ICÍA SAAVEDRA CORTIÑAS do CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ” de Vilalba, polo poema  “RÍO MIÑO”.

3º Ciclo de Educación Primaria.

Premio, dotado con 90 €, diploma e flor natural, para EVA SANMARTÍN VÁZQUEZ do CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ” de Vilalba, polo  poema “NENA PERDIDA”.

 

MODALIDADE NARRATIVA

 

1º Ciclo de Educación Primaria

Premio, dotado con 60 €, diploma e flor natural, para MARÍA SEOANE GONZÁLEZ do CEIP “MANUEL MATO VIZOSO” de Vilalba, polo conto “O LAPIS FALADOR”.

        

2º Ciclo de Educación Primaria.

Premio, dotado con 75 €, diploma e flor natural, para AURORA ROMERO TRASTOY do CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ” de Vilalba, polo conto “O PAÍS DOS DESEXOS”.  

 

3º Ciclo de Educación Primaria.

Premio, dotado con 90 €, diploma e flor natural, para ARIANA NÚÑEZ SEOANE do CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ de Vilalba, polo conto “O MEU PRIMEIRO DÍA NO INSTITUTO”

 

BASES

O Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Antonio Insua Bermúdez, a Asociación de Minusválidos Benjamín Paz e o Centro Cultural Recreativo convocan a edición número XVI deste noso certame literario, coas seguintes Bases.

PRIMEIRA

Poderá concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos da Terra Chá.

SEGUNDA

Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.

TERCEIRA

Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos haberán de ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar o número de traballos que estime conveniente en ámbalas dúas modalidades. Poderán presentarse a máquina ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE á que concorre. (NON GRAMPAR)

CUARTA

Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá empregarse calqueira técnica e a temática será libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.

QUINTA

Os traballos serán dirixidos a:

XVI CERTAME BENJAMÍN PAZ
CEIP “Antonio Insua Bermúdez”.
Rúa Cuart de Poblet, s/n.
27800, Vilalba.

SEXTA

O prazo de admisión de traballos rematará ás 17 HORAS DO DÍA 25 DE ABRIL DE 2014.

SÉTIMA

O Certame estará dotado cos seguintes premios:
MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)

  • 1º Ciclo de Ed. Primaria: 60 €, diploma e flor natural.
  • 2º Ciclo de Ed. Primaria: 75 €, diploma e flor natural.
  • 3º Ciclo de Ed. Primaria: 90 €, diploma e flor natural.

MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)

  • Infantil 3 anos: Lote de material, diploma e flor natural.
  • Infantil 4 anos: Lote de material, diploma e flor natural.
  • Infantil 5 anos: Lote de material, diploma e flor natural.

 OITAVA

O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a cuantía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.

NOVENA

O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

DÉCIMA

O dictame do Xurado darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nun acto previsto para o mes de maio e do que se dará conta oportunamente.

Distribuir contido