APERTURA DO PRAZO PARA ANOTARSE COMO COIDADOR DO COMEDOR

Comunícase a toda a comunidade educativa que se abre o prazo para apuntarse como Persoal Coidador  no servicio de comedor escolar.

Os requisitos para acceder a esta candidatura son:

  • Certificado de penais
  • Firma Anexo 3
  • Certificado Manipulador Alimentos
  • Nº de Conta Bancario para os ingresos 
  • DNI

 

FONDO LIBROS 2024-2025

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025


No DOG do 20 de maio de 2024, saiu publicada a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria obrigatoria e Educación Especial en centro docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025.

 

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 21 de xuño.
  • So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2024/2025.
  • As solicitudes pódense presentar das seguintes formas:

               - Presentándoas no centro: recollendo o modelo na secretaría do centro ou cubrindo a solicitude Anexo I e o Anexo II na Aplicación Fondolibros imprimíndoa xerando así un número de solicitude e presentándoas no propio centro.

              - Presentándoas directamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Anexo I (deberá vir asinado polos dous proxenitores)
  • Anexo II para a comprobaciókn dos membros computables da unidade familiar agás o solicitante.
  • Copia do libro de familia, onde figuren os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade.

 

PRAZOS

  • 18 de xuño: Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2023/2024
  • 28 de xuño: Publicación da resolución provisional do fondo de libros no taboleiro do centro.
  • 01 e 02 de xullo: Período de reclamación á adxudicación provisional.
  • 03 de xullo: Publicación da relación definitiva no taboleiro do centro.
  • 04 e 05 de xullo: Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito.
  • Primeiros días de setembro: Entrega dos libros asignados ao alumndo.

CLASIFICADOS CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO XOGADE 2 xuño 2024

ENLACE FGA PROBA 

https://atletismo.gal/competicions/xogade-atletismo-pista-provinciais-lugo-2024/

ENLACE PROBAS; SERIES/RÚAS/RESULTADOS 

http://ranking.atletismo.gal/online/2024/LUGO/PROVINCIAL0206/

CLASIFICADOS BENXAMIN FEMININO (SUB 10 MULLERES)

CLASIFICACADOS BENXAMIN MASCULINO (SUB 10 HOMES)

  • Lanzamento Peso 1 quilogramo BREIXO PERNAS INFANTE  1ª pos
  • Lanzamento Pelota 200g BREIXO PERNAS INFANTE (Debe elixir unha proba soamente porque soamente se pode participar nunha carreira e nunha proba a maiores podería ser en relevos tamén, dous lanzamentos non se poden, debe elixir un só)
  • Descargar listado Completo Benxamín Masculino 

CLASIFICADOS ALEVÍN FEMININO (SUB 12 MULLERES)

CLASIFICADOS ALEVÍN MASCULINO (SUB 12 HOMES)

  • Lanzamento Pelota 300g XAN GARCÍA VERDES 
  • 60 ml XOEL LÓPEZ PENA. 
  • Descargar LIstado Completo Clasificados Alevín Masculino para verificar erros 

CLASIFICADAS INFANTIL FEMININO (SUB 14 MULLERES) 

CLASIFICADOS INFANTIL MASCULINO (SUB 14 HOMES)

VISITA RACING CLUBE VILALBÉS

 

                 

 

O pasado venres tivemos unha gran sorpresa, viñeron a visitarnos algúns dos xogadores e entrenadores do RACING CLUB VILLALBÉS. Estivemos compartindo un tempiño con eles preguntándolles dúbidas, vendo como controlaban o balón... e ata nos asinaron autógrafos!!!!!!

Ademáis do recordo que nos queda deixáronnos un agasallo como recordo do seu paso polo cole.

MOITAS GRAZAS!!!

Excursión 5º a Santiago;Parlamento de Galiza, Xunta de Galiza e Catedral .

Excursion_ceip_antonio_insua_bermudez_edlg_biblioteca_normalizacion

 

O alumnado de 5º curso de Primaria visitou na Cidade de Santiago O Parlamento de Galiza coñecendo o Edificio, as funcións do Parlamento e os parlamentarios, logo viaxamos ao edificio do Goberno Autonómico, a Xunta de Galiza onde nos explicaron particularidades do edificio ata a actualidade e o traballo que alí se desenvolve, sentamos na sala do Presidente e Conselleiros e fomos repasando as funcións e presupostos de cada Cansellería.

Pola tarde logo de xantar acudimos a Catedral de Santiago de Compostela, subimos aos tellados, visitamos o museo e o Pórtico da Gloria coa policromía restaurada.

Un día pletóorico cheo de vivencias, experiencias e información.  

XXV Certame Literario Benjamin Paz e Certame de Debuxo David Díaz

Cartaz_certame_benjamin_paz_daid_diaz_insua_bermudez_vilalba_edlg_endl_biblioinsua

bases_certame_benjamin_paz xxv_INSUA _BERMUDEZ_Vilalba_23-24_edlg_bibliioinsua

BASES DO XXV CERTAME BENXAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO

PRIMEIRA.-
Poderá́ concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos Do Concello de Vilalba.

 

SEGUNDA.-
Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.

 

TERCEIRA.-
Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar un único traballo. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE á que concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)

 

CUARTA.-
Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá́ empregarse calquera técnica e a temática será́ libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.

 

QUINTA.-
Os traballos serán dirixidos a:

CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n,
27800 Vilalba

 

SEXTA.-
O prazo de admisión de traballos rematará ás 15 HORAS DO DÍA
24 DE MAIO DE 2024.

 

SÉTIMA.-
O Certame estará dotado cos seguintes premios:

1.     

MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA; BENJAMIN PAZ (Primaria)

  • 1º e 2º  de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
  • 3º e 4º  de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
  • 5º e 6º  de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.

 

2.     

MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)
Infantil 3 anos: Lote de material e diploma.
Infantil 4 anos: Lote de material e diploma.
Infantil 5 anos: Lote de material e diploma.

3.     

MODALIDAD LIBRE PARA ALUMNADO CON N.E.E.

 

OITAVA.-
O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a contía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.

 

NOVENA.-
O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.

 

DÉCIMA.-
O ditame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de  xuño.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

 

Dende hoxe, 25 de abril, publicaranse no taboleiro do colexio as listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2024/2025. 

 

Dado que en ningún dos cursos se superou o número de vacantes, TODAS AS SOLICITUDES QUEDAN ADMITIDAS. 

 

O 15 de maio, publicaranse as listaxes definitivas e o prazo de formalización de matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño.

PIRAGÜÍSMO DRAGÓNS XOGADE co ALUMNADO do INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA

XOGADE PROXECTA PVAD INSUA BERMÚDEZ VILALBA 23-24

 

XOGADE_PVAD_PROXECTA_DRAGONS_INSUA_BERMUDEZ _ VILALBA

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO 2024

 

Hoxe celebramos no cole o DÍA DO LIBRO con dúas actividades diferentes, na primeira actividade puidemos desfrutar coa profe Susana narrándonos o conto do que é autora "Aurora Conductora e Dragoncín Cantarín". E na segunda, o alumando de 6ºA representaron con títeres "El Castillo de Piedra".

 

 

 
 
 
 

XORNADA B CLASIFICATORIA ATLETISMO XOGADE 28 ABRIL LUGO

ATLETISMO_XOGADE_INSUA BERMUDEZ_PROXECTA_PVAD_23-24 CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ  DEPORTE SAUDE EDUCACIÓN FISICA Horario Insua Bermudez XOGADE 28 ABRIL 24

XORNADA B CLASIFICATORIA ATLETISMO ESCOLAR  BENXAMÍN, ALEVÍN e INFANTIL. Domingo 28 abril 2024

LUGAR DA PROBA: Estadio Atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo, xunto ao Pavillón Novo do Breogán.

HORARIO: Non temos transporte desde Vilalba. Debemos estar 30 minutos antes de cada proba, vide con tempo para coller dorsal e estar na cámara de chamadas para cada proba. O Horario definitivo sairá o venres antes da proba e pode haber cambios a posteriori. Controlade as vosas probas, marcádeas no horario e contade cos 20 min antes da cámara de chamadas. Enlace para ver as series, resultados na web da FGALugo

XORNADAS COMPETICIÓN

  • Domingo  28 abril – 2ª CLASIFICATORIA  Xornada B
  • Domingo 2 xuño _ CAMPIONATO PROVINCIAL

CATEGORÍAS ( Non existe competición cadete)

  •  BENXAMÍN: Nados nos anos 2015-2016 masculino e feminino
  •  ALEVÍN......: Nados nos anos 2013-2014 masculino e feminino
  •  INFANTIL...: Nados nos anos 2011-2012 masculino e feminino

PROBAS: En todas as xornadas cada atleta poderá participar como máximo en dúas probas. Neste caso, unha delas será unha carreira e a outra poderá ser un concurso (salto ou lanzamento). As remudas non contabilizarán como proba, serrá mixta e limitada a dous equipos máximo por proba.

 En cada xornada  combinaránse as tres categorías e as modalidades segundo os tipos de xornada:

INSCRICIÓN  Gratuíta.  Límite ate o luns, 22 abril, anterior á proba. Precisamos enviar Nome, Apelidos, data de nacemento ao whastapp 616501003 Agradécese facelo o venres pola tarde e o finde previos.

lISTADO ATLETAS ATLETISMO XOGADE INSUA BERMUDEZ PVAD PROXECTA 23-24 CEIP ANTONIO INSUA BERMUDEZ VILALBA

EQUIPACIÓN DO INSUA: levade a equipación do Insua se a tedes. Camiseta do Insua e lembrade devolvela ao final dos campionatos de atletismo.

COMPORTAMENTO: agárdase comportamento exquisito de tódalas persoas deportistas, representamos ao Insua Bermúdez e calquera acción que perxudique a imaxe do centro educativo, levará a non contar coa persona infractora en próximas ocasións. Na pista soamente poden estar atletas participantes na proba e entrenadores, resto gradas ou detrás valados.

SERIES DE SAÍDA E RESULTADOS:      Enlace PENDENTE para ver as series, resultados na web da FGALugo . As series onde pon RESULTADOS(Cando o habiliten)    WhatsApp Suso616501003.

CLASIFICACIÓNS : Clasificarán para o campionato provincial un máximo de 16 atletas por proba que corresponderán coas mellores marcas (ou puntuacións nos concursos benxamíns) realizadas na fases previas correspondentes ao programa XOGADE. Na final provincial realizarase o programa completo de probas. Unha xornada o programa benxamín e alevín e noutra xornada o programa infantil.

HORARIO PROVISIONAL da XORNADA B

Horario XORNADA B Actializado 19 abril 24 Insua Bermudez Atletismo Xogade

 

Distribuir contido