MERENDAS +SAUDABLES NOS RECREOS

Este ano puxemos en marcha o Proxecto AS NOSAS MERENDAS SAUDABLES ideado polo Departamento de Orientación co apoio do Equipo de EF e das Titorías co Obxectivo de  mellorar a nosa saúde. Nos derradeiros anos vimos notando a presencia cada vez maior de produtos ultraprocesados cunha grande cantidade de azucre e graxas saturadas con baixo valor nutricional. Desta observación xurde a proposta de ampliar o horario de merendas que se empregaba en Infantil á Etapa de Primaria. 

Merendas +SAUDABLES CEIP Antonio Insua Bermudez PVDS PROXECTA 21-22

A estas alturas do curso é habitual e é normal atopar moitísima froita, bocadillos e merendas moito máis saudables. Os mestres tamén tratamos de dar exemplo e os descansos na sala de mestres están acompañadas de caixas de froitas. Parabéns a toda a comunidade por esta iniciativa que redundará no logro dun maior grado de benestar físico, mental e social.