2ª clasificatoria XOGADE DUATLÓN Sábado 7 maio 22 E 2ª Clasificatoria Atletismo XOGADE Infantil domingo 8 maio 22

 CartazAtletismo_XOGADE_2ªClasificatoria_Infantil_Insua_Bermúdez     Cartaz_Duatlón_XOgade_Insua Bermudez_ 2ª_Clasificatoria_Viveiro_2022  

II CLASIFICATORIA ATLETISMO XOGADE INFANTIL e CADETE 8 maio 2022 (Lugo)

Atletismo XOGADE 2ª Clasificatoria Infantil  domingo 8 maio 22 Lugo

Clica para ir á Galería de imaxes da 2ª Proba Clasificatoria Atletismo 8 maio 2022

LUGAR DA PROBA: Estadio Atletismo Gregorio Pérez Rivera de Lugo, xunto ao Pavillón Novo do Breogán, na zona Universitaria de Lugo. Enlace de Google Maps na web do Insua.

HORARIO: Debemos estar 20 minutos antes de cada proba, vide con tempo para coller dorsal e estar na cámara de chamadas para cada proba. Controlade as vosas probas, marcádeas no horario e contade cos 20 min antes da cámara de chamadas.

XORNADAS COMPETICIÓN

  • 8 de maio 2022 – 2ª Proba Clasificatoria Infantil e Cadete.
  • 29 de maio 2022 – Campionato Provincial e Combinadas Benxamín e Alevín(mañá) Infantil (Tarde).

EQUIPACIÓN DO INSUA: levade a equipación do Insua se a tedes. Camiseta do Insua e lembrade devolvela ao final dos campionatos de atletismo.

COMPORTAMENTO: Os papás e atletas non deben estar nas gradas ou detrás dos valados brancos, non poden andar pola pista libremente, corremos o risco de ser sancionados. Pregamos que respectedes esta norma.  

 

INSCRICIÓN E PROBAS: Inscricións ata o LUNS anterior á proba. WhasttApp 616501003.Normas Protocolo Covid igual que o derradeiro día.

 Atletismo Insua Bermudez 22 pavd xogade dafis vilalba

 2º CLASIFICATORIO DUATLÓN ESCOLAR VIVEIRO

SÁBADO TARDE 7 MAIO 2022 CAMPO FÚTBOL CANTARRANA. (Ata o luns 2 MAIO para comunicar inscrición)

 

DUATLON XOGADE VIVEIRO SAN RAMON  INSUA BERMUDEZ VILALBA PROXECTA

Clica para Acceder á Galería de Imaxes do Evento Clasificatorio de Duatlón en Viveiro

Saída do BUS: Haberá transporte gratuíto. Campo da Feiora de Vilalba ás 13: 45´. Chegade 10 minutos antes.

Lugar da competición: en Viveiro , inmediacións do campo de fútbol de Cantarrana e o local da Cruz Vermella..

Inscriciónsata o luns 2 de maio a través do profe Suso, con tempo para pasalas ao clube de Tríatlon San Ramón. Os deportistas do clube falade con Javi. No cole despois do luns non se admiten inscricións. Precisamos Nome Apelidos, Data de Nacemento e DNI.

Recollida Dorsais: Polo delegado do clube a partires das 15:00h, desde 45 min antes da proba ata 20 min antes de cada carreira

Horarios da Carreira:

HORARIOS DUATLON VIVEIRO

 Procedemento Control de MaterialSerá obrigatorio identificarse cun documento oficial con foto na entrada do control Os/as deportistas presentaranse na entrada do control de material identificados, levando xa todos os dorsais colocados (corpo/bici/casco) e o casco posto e abrochado. 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis       ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos e o casco posto, que non se mova).No manillar miran que os extremos estean pechados. Recoméndase bicicleta de marchas.

Saída Dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, os oficiais e persoal de organización indicarán cando deben pórse na liña de presaída .

Chegada a Meta Unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de post-meta onde se lles entregará o avituallamento, continuarán o camiño para saír da zona de post-meta e irán recoller a bicicleta para abandonar a zona. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, evitando aglomeracións ou reunións grupais tanto antes como despois e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba. Premios Medallas aos/ás tres primeiros/as da clasificación individual en cada categoría e sexo.

Hora de remate das probas áo  rematar entrega trofeos aos 3 primeiros atletas de cada categoría.

Entrega de trofeos individuais: 19:00h. De conseguir trofeo, deberá quedarse á entrega baixo multa de 50 €

 

Material Necesario:IMPRESCINDIBLE BICI con marchas, se podedes conseguir unha de carreiras moito mellor, CASCO DNI e GANAS..

 Apuntarse é libre, voluntario e unha responsabilidade.  Aqueles que se inscriban e non acudan obrigan ao clube a pagar unha multa por non asistencia, igual que se non sube ao podium, multa de 25 a 50 euros, que se lle pasará ao que non asista.

 Sobra dicir que se esixe bo comportamento no transporte e durante a proba, reservamos o dereito de non inscribir ao que non garde as normas de conduta e respecto.

 Grazas e animádevos.

 nOTA de Atletismo 2ª Clasificatoria Infantil domingo 8 maio 22

 

 Nota da 2ª Clasificatoria XOGADE DUATLÓN de VIVEIRO sábado 7 maio 2022 

Regulamento da Proba FEGATRI

AdxuntoTamaño
Nota 2ª Clasificatoria Atletismo INF-CADET_8-maio_2022.docx1.7 MB
Nota 2ª Clasificatoria Atletismo INF-CADET_8-maio_2022.pdf596.11 KB
NotaClasificatoriaXogadeDUATLÓN ESCOLAR sábado7_05_22Viveiro.docx1.76 MB
NotaClasificatoriaXogadeDUATLÓN ESCOLAR sábado7_05_22Viveiro.pdf216.48 KB
REGULAMENTO 2ª CLASIFICATORIA XOGADE DUATLÓN VIVEIRO 7 MAIO 22.pdf373.72 KB
HORARIO 2ª Xornada Atletismo INFANTIL XOGADE 8 maio.jpg369.41 KB
Nota 2ª Clasificatoria Atletismo INF-CADET_8-maio_2022.pdf558.33 KB
Nota 2ª Clasificatoria Atletismo INF-CADET_8-maio_2022.docx1.94 MB