BASES DO XXIII CERTAME BENXAMÍN PAZ DE NARRATIVA, POESÍA E DEBUXO
PRIMEIRA.-
Poderá́ concorrer ao Certame todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos da Terra Chá.
SEGUNDA.-
Establécense tres modalidades: POESÍA e NARRATIVA, para Educación Primaria, e DEBUXO, para Educación Infantil.
TERCEIRA.-
Os traballos de Poesía e Narrativa (PRIMARIA), de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar o número de traballos que estime convinte en ámbalas dúas modalidades. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara. Enviarase SOAMENTE O ORIXINAL, figurando na parte traseira do folio os DATOS PERSOAIS, O CICLO, O COLEXIO E A MODALIDADE á que concorre. (PRÉGASE NON GRAMPAR)
CUARTA.-
Os Debuxos (INFANTIL) presentaranse en cartolina formato DIN A-4. Poderá́ empregarse calquera técnica e a temática será́ libre. Os DATOS PERSOAIS, O NIVEL e O COLEXIO figurarán na parte posterior da cartolina.
QUINTA.-
Os traballos serán dirixidos a:
CEIP “Antonio Insua Bermúdez”, Rúa Cuart de Poblet, s/n,
27800 Vilalba
SEXTA.-
O prazo de admisión de traballos rematará ás 15 HORAS DO DÍA 20 DE MAIO DE 2022.
SÉTIMA.-
O Certame estará dotado cos seguintes premios:
MODALIDADE POESÍA E NARRATIVA (Primaria)
1º e 2º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
3º e 4º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
5º e 6º de Ed. Primaria: Lote de material e diploma.
MODALIDADE DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ (Infantil)
Infantil 3 anos: Lote de material e diploma.
Infantil 4 anos: Lote de material e diploma.
Infantil 5 anos: Lote de material e diploma.
OITAVA.-
O Xurado, se o estima oportuno, poderá declarar os premios desertos, distribuír a contía dos mesmos ou aumentalos con accésits. En calquera caso a súa decisión será inapelable e polo feito de concorrer ao Certame así deberá aceptarse.
NOVENA.-
O Xurado estará formado por persoas de recoñecida competencia nas materias ás que se refiren as presentes Bases. A súa composición ha ser dada a coñecer xunto coa emisión do resultado.
DÉCIMA.-
O ditame do Xurado será difundido a través dos distintos medios de comunicación. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de xuño.