PROXECTO DE COIDADO DO MEDIOAMBIENTE PILABOT O noso centro ven de inscribirse un ano máis nunha campaña que promove o coidade e reciclaxe de material supercontaminante, "as pilas", mellor chamadas dispositivos domésticos de almacenamento de enerxía, traede tódalas pilas de calquera forma e tamaño de uso doméstico que atopedes pola casa, pedídelle aos veciños e familiares, cantas máis mellor. Ata 150 escolas de educación primaria e secundaria de toda a comunidade autónoma galega, tanto públicas como privadas, concertadas ou non concertadas, participan no Certame Pilabot. Por iso, o público obxectivo do concurso Pilabot son os mozos galegos de 6 a 16 anos. Os centros recibirán os colectores para depositar as pilas colectivamente, material promocional da campaña e caixas para que os estudantes garden as pilas que xa non usan nas súas casas. Despois levarán as pilas ao centro e depositaranse no recipiente. Os dous centros que recollan máis quilos de pilas en total e os dous que recollan máis quilos por alumno recibirán un premio pola compra de material escolar. |
|||||