ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO XXI CERTAME LITERARIO BENJAMÍN PAZ
e DAS LETRAS GALEGAS 2019
O venres, día 31 de maio de 2019, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o CEIP “Antonio Insua Bermúdez” organiza o acto de entrega de premios do XXI Certame Literario e de Debuxo Benjamín Paz e das Letras Galegas.
Este Certame englóbase dentro das actividades que o Colexio programa co gallo das Letras Galegas tendentes a fomentar a creatividade artística e literaria, por un lado, e a potenciar o idioma galego cara a consecución da súa plena normalización lingüística, por outro.
Nesta ocasión, ademais dos apartados habituais da lectura de acta, entrega de premios, recitados e agradecementos, contaremos con dous apartados máis:
· O teatral, coa posta en escea da obra de Álvaro Cunqueiro “Escola de Menciñeiros”, a cargo do alumnado de 5ºB, dirixidos pola súa titora María Guerrero.
· O musical, coa intervención do grupo de 2º de Primaria, que cantarán QUEREMOS GALEGO, canción de Pablo Díaz, e do grupo de 6º de Primaria que porán remate ao acto coa interpretación do Himno Galego.
RELACIÓN DE PREMIADOS, PREMIADAS e ACCÉSITS NO XXI CERTAME BENJAMÍN PAZ
MODALIDADE
|
CATEGORÍA
|
TÍTULO
|
AUTOR/A
|
COLEXIO
|
PREMIO
|
POESÍA
|
1º CICLO (1º-2º)
|
AS BOLBORETAS
|
ANTÍA GARCÍA GONZÁLEZ
|
CEIP DE MUIMENTA
|
1º PREMIO
|
POESÍA
|
2º CICLO (3º-4º)
|
A TORRE QUE FUXÍU DUNHA PARTIDA DE XADREZ
|
JESÚS RAMIL BLANCO
|
CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA
|
1º PREMIO
|
POESÍA
|
3º CICLO (5º-6º)
|
AS ABELLAS
|
MARÍA OTERO DÍAZ
|
CEIP MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA
|
1º PREMIO
|
NARRATIVA
|
1º CICLO (1º-2º)
|
O MISTERIO DA CIDADE ROMANA
|
VALERIA BELLAS LEAL
|
CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ" DE VILALBA
|
1º PREMIO
|
NARRATIVA
|
2º CICLO (3º-4º)
|
A GRANXA DE CRISTINA
|
ANDREA PAZ BALSEIRO
|
CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ" DE VILALBA
|
1º PREMIO
|
NARRATIVA
|
3º CICLO (5º-6º)
|
UN MURO CONTRA A IGUALDADE
|
INÉS PENA TRASTOY
|
CEIP MONSEIVANE DE MOREDA-LANZÓS
|
1º PREMIO
|
DEBUXO
|
INFANTIL 3 ANOS
|
|
CARLA TEIJEIRO VILLARES
|
CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ" DE VILALBA
|
1º PREMIO
|
DEBUXO
|
INFANTIL 4 ANOS
|
|
LEO LÓPEZ LÓPEZ
|
CEIP LAGOSTELLE DE GUITIRIZ
|
1º PREMIO
|
DEBUXO
|
INFANTIL 5 ANOS
|
|
SARA SOFÍA PAZ CORTÉS
|
CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ DE VILALBA
|
1º PREMIO
|
|
|
|
|
|
|
ACCÉSITS
|
MODALIDADE
|
CATEGORÍA
|
TÍTULO
|
AUTOR/A
|
COLEXIO
|
PREMIO
|
POESÍA
|
1º CICLO (1º-2º)
|
O LEÓN
|
ADRIÁN DARRIBA PERNAS
|
CEIP DE MUIMENTA
|
ACCÉSIT
|
POESÍA
|
1º CICLO (1º-2º)
|
PRIMAVERA
|
SAMUEL VÁZQUEZ RODRÍGUEZ
|
CEIP DE MUIMENTA
|
ACCÉSIT
|
NARRATIVA
|
2º CICLO (3º-4º)
|
A FÁBULA DO OSO ABEL
|
MATÍAS MORANDEIRA FRAGA
|
CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA
|
ACCÉSIT
|
NARRATIVA
|
3º CICLO (5º-6º)
|
UN DÍA NA MIÑA CASA
|
ÁLEX DÍAZ BARREIRA
|
CEIP “ANTONIO INSUA BERMÚDEZ"-VILALBA
|
ACCÉSIT
|
PUBLICADO UN NOVO NÚMERO DA REVISTA ESCOLAR A PRAVIA
Así mesmo, nestes días o CEIP “A. Insua Bermúdez” edita un novo número da revista escolar A PRAVIA, coincidindo co mes das Letras Galegas, que fai o número 70, nos corenta anos que leva publicándose.
Os principais temas que aparecen na mesma son: diversos e variados traballos sobre o escritor homenaxeado este ano, o escritor Antón Fraguas, que inclúe biografía, bibliografía, pasatempos, escolma e cómic sobre a súa figura; entrevistas a unha mestra e dous mestres do noso Colexio, Ánxeles Eimil, Tino Alvite e Arturo Gómez, que despois de moitos anos de docencia causan baixa por mor da súa xubilación; unha ampla reseña do XXI Certame Benjamín Paz; os traballos das aulas; as noticias do Cole (resumo con texto e fotos de todo o acontecido no curso 2018-2019); os nosos murais; un artigo de orientación escolar; a páxina de ANPA; os traballos de investigación, e tamén un apartado de recensións de libros lidos por algúns dos membros do equipo de redacción.
A revista repártese gratuítamente a todos os membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás diferentes institucións públicas así como aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc.