Neste Nadal 2016-17, o noso centro organiza diferentes actividades coa colaboración de diferentes entidades: ANPA, Normalización, Extraescolares e Biblioteca:
- Venres 9 de decembro entrega de premios da V Cata de sobremesas de outono.
- Venres 9 de decembro remata o prazo para entrega de obras no Concurso de postais de Nadal da ANPA.
- 16 e 20 de decembro visita ao Lois Peña Novo no marco de "Lugoemprende" o alumnado de 5º e 6º de primaria.
- Durante este mes de decembro organizaremos outro PhotoCall para editar un filme con aqueles que posúan autorización de imaxe.
- Mércores 21 de decembro, Visita do Apalpador organizada pola ANPA. O grande Anxo Moure acompañaranos o último día de clase do ano.
- Mércores 21 decembro, disfrazarémonos de boneco ou boneca de neve ;-).