Xornada intensa e moi fatigosa para os corenta deportistas do clube que participaron na última xornada clasificatoria para o Campionato Galego da especialidade a celebrar o día 9 de marzo en Ribeira no Complexo Polideportivo da Fieiteira. A competición de natación foi moi interesante e varias series decataronse ao sprint final, na carreira a pe, o circuito estivo marcado por uns 250 metros finais de subida á meta e forte vento que agravaba a sensación térmica de frio ao rematar a tarde. Ao final clasificaronse uns 20 rapaces das escolas de Triatlón e os outros 20, algúns deles, a primeira experiencia no Nada-Corre estiveron moi preto de lograr a súa clasificación. En breve comezará a competición de Duatlón (As clasificatorias o 29 de marzo en Güitiríz e o 13 de abril en Mondoñedo, a Final Provincial será en Lugo o día 26 de abril), esta semana antes das vacacións recollemos inscricións. Ata a próxima e parabens a todos os que participachedes.
Clica na imaxe para acceder á galeria de imaxes do evento, fotos alleas.
|
|||||||||