1º PROBA PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS: ZONA TERRA CHÁ.

 

O xoves 16 de xaneiro de 2014 comezou coa 1ª Proba Preparatoria de Campo a Través a tempada.

Acudimos á pista da Madalena, en Vilalba cuns 101 atletas de diferentes categorías, con moita participación acudiron os benxamíns.

O tempo deunos unha tregua para poder disputar as probas sen padecer os rigores do cross escolar, algo que ven sendo habitualm polo de agora. Numerosos papás e mamás achegaronse ao circuito para animar e mimar aos seus fillos na proba.

Ao evento acudiron escolares de Outeiro de Rei, de Pastoriza e de Guitiriz. Déronse medallas aos tres primeiros clasificados de cada proba. 

 Moitas grazas a tódolos que participastes a pesares do tempo e dos nervios. Lembrade que gañadores son todos os que viñeron e se esforzaron a pesares das costas, do frio, dos resbalóns e de tódalas adversidades, conseguindo chegar á meta, PARABÉNS!.

Na ligazon de abaixo tedes dispoñibles a galería de imaxes do evento e en adxuntos a folla excel dos resultados coa clasificación en tódalas categorías.

Clica na cámara de fotos para acceder á galería de imaxes.

 

AdxuntoTamaño
CLASIFICATORIA_16_xaneiro_2014_C.TRAVES VILALBA.xlsx25.57 KB
CLASIFICATORIA_16_xaneiro_2014_C.TRAVES VILALBA.pdf131.32 KB