AUTORIZACIÓN DEPORTE ESCOLAR XOGADE 2011_12

Con motivo da Campaña de Deporte Escolar XOGADE (Xogos Galegos Deportivos) 2011-12 presentamos a autorización para a mutualización, ou seguro deportivo, dos deportistas escolares desta Campaña. Autorización Actividades Deportivas XOGADE 2012 CEIP INSUA BERMUDEZ

 

O Sábado 28 de xaneiro de 2012 celebrarase no marco das instalacións deportivas da capital chairega, A Magdalena, unha nova edición da PROBA CLASIFICATORIA ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS. Debido ao compromiso mutuo adquirido anteriormente de colaboración coa Administración en material deportiva, polo noso compromiso coa promoción deportiva e cos estilos de vida saudables; premio de Serra Nevada curso anterior, Planificación de probas Preparatorias, Clasificatorias e Provincial de Campo a Través nas instalacións polideportivas da Magdalena correspondenos responder a este compromiso co noso centro convocando a todo o alumnado en idade de participar a dita proba.

Recollede a autorización no cole ou baixaa desta ligazón, cubrideas e asinadelas na casa, traedeas de volta ao titor para podervos facer o seguro deportivo e darvos de alta como deportistas e en proximos dias faremos os equipos para participar na proba Clasificatoria do 28 de xaneiro na MAGDALENA. Entrenade rapaces e rapazas!

AMPA do CEIP A. Insua Bermudez

AdxuntoTamaño
Autorización Deporte Extraescolar 2011-12.pdf386.8 KB
Autorización Deporte Extraescolar 2011-12.doc515 KB