1ª Proba Clasificatoria Duatlón XOGADE Vilalba

Carta_Duatlon_XOGADE_San_Ramon_Vilalba_11-02-2024_Insua_Bermudez

O Domingo 11 de Marzo de 2013 o alumnado AUTORIZADO do CEIP A. Insua Bermúdez participará na 1ª PROBA CLASIFICATORIA DE DUATLÓN de VILALBA (Lugo) .

 Inscrición: o alumnado do cole apuntarase co profe Suso ata o luns 5 de febreiro. precisamos nome, apelidos e DNI se o ten. Mandar estes datos ao tlfno 616501003, profe Suso antes do día 5 de febreiro do 24, logo será imposible inscribir a ninguén. 

 Alumnado participante: Alumnado que se inscriba para a proba no XOGADE co cole que competimos co filial San Ramón de Vilalba, alumnado de 2ª a 6º máis a ESO.

 Lugar da proba: Saída transición e meta APARCAMENTO DA ESTACIÓN DE BUSES DE VILALBA.

 Material:

  • DNI ou documento no que figure Nome Apelidos e foto (carnet biblioteca...)
  • Casco de bicicleta.
  • Bicicleta (con rodas e frenos en bo estado e manetas sen furados polos lados). Sería bo que tivera marchas.
  • Dorsais e Verificacións: Unha hora antes da primeira proba recollida por nome e apelidos na carpa de organización. 10 minutos antes de cada proba por categoría ábrese a verificación técnica, por orde de dorsal, deberase presentar o atleta co casco posto e a bicicleta na fila de entrada ao aparcamento de bicis, zona de transición. Despois de chegar a meta lembrade recollelas.
  • O tráfico pecharase unha hora antes do comezo da primeira proba. SE queredes aparcar preto chegade antes do peche do tráfico. 

Distancias das probas por categorías  Horario aproximado :  

  • Benxamíns: (nados 2015 ao 2016[curso 2º e 3º ]). Proba: 400m. carreira + 2.000m bici + 200m de carreira. Hora de 10:50 a 11:00.
  • Alevíns: (nados 2013 ao 2014. {curso 4º e 5º}). Proba: 800m carreira + 4.000m bici + 400 m de carreira. Hora de 11:20 a 11:30.
  • Infantís: (nados 2011 ao 2012. {curso 6º e 1º ESO}- Proba 1200m carreira + 6000m bici + 600m de carreira. Hora 11:50 a 12:00.
  • Cadetes: ( nados  2009 ao 2010. {curso 2º e 3º ESO}- Proba 2000 m carreira + 8000m bici + 1000m carreira. Hora 12:20 a 12:30.

Rematar a proba recibirán auga e algo para repoñer forzas, se queredes podedes levar algo máis de auga e comida.

PREMIOS: os que rematen a proba quedarán clasificados para o Campionato Provincial que se disputará en Xermade nuns meses, en cada clasificatoria clasifican os 20 primeiros e como habitualmente nunca hai 20, quedan clasificados todos.

Os tres primeiros recibirán medalla no acto de premiación ao final do evento, se quedades entre os 3 primeiros debedes quedar á entrega oficial, senón debería pagar multa de 30 a 50 euros. No Campionato Provinvial haberá entrega de trofeos por equipos , cada equipo debe ter de 3 a 6 integrantes por categoría e sexo.

 

 

 

AdxuntoTamaño
NotaClasificatoriaXogadeDuatlónEscolarVilalbaDomingo11_02_24_pdf.pdf1.66 MB
NotaClasificatoriaXogadeDUATLÓN ESCOLAR VilalbaDomingo11_02_24.docx856.88 KB