RESERVA PRAZA PARA 1º DA ESO - CURSO 2024/2025
O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos. Iníciase a fase de reserva de praza nos centros de adscrición, no noso caso o alumnado de 6º de Educación Primaria ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Santiago Basanta Silva. Para facer efectiva a reserva de praza deberase presentar unha solicitude de forma presencial ou telemática.
INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO I -A 3ª folla do ANEXO I debe ir asinada preferentemente polos dous proxenitores. No caso de proxenitores separados ou divorciados debe ir asinada por ámbolos dous. - Na 4ª folla do ANEXO I "Comprobación de datos da unidade de convivencia" deberán cubrirse nome e apelidos, NIF e relación de parentesco co alumno/a (pai, nai e irmáns). Se os fillos son menores de idade autorizará o pai ou a nai coa súa sinatura.
|
|||||||