CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO TRAVÉS: Campo de Fútbol de Cangas de Foz 16/12/23

Circuito_campo_traves_xogade_insua_bermudez_vilalba_pvad_proxecta_23_24_deporte_escolar

 UBICACIÓN Pabellon Os Castros Estrada General Cangas, 1, 27892 Foz, Lugo https://maps.app.goo.gl/c2qVYF1FvpYEswS4A

TRANSPORTE ESCOLAR: transporte gratuíto para tódolos atletas que desexen participar con SAÍDA DIANTE COLE 9:10 am en transporte que ven de Guitiriz, volta ao mesmo cole (volta varía en función da ceremonia de premios para Insua ou para Guitiriz que viaxa con nós). Papás que van no seu coche particular, tentade estar sobre 10:20 no Circuito.

INSCRICIÓNS

O prazo de inscrición remata o luns 11 de decembro as 14:00 horas.

CATEGORÍAS

  • Benxamín feminina e masculina: persoas nadas nos anos 2016 e 2015.
  • Alevín feminina, masculina: persoas nadas nos anos 2014 e 2013.
  • Infantil feminina e masculina: persoas nadas nos anos 2012 e 2011.
  • Cadete feminina e masculina: persoas nadas nos anos 2010 e 2009.

 circuito_distancias_categorias_insua_bermudez_provincial_campo_traves_cangas_foz_23-24

SISTEMA DE COMPETICIÓN

Esta modalidade desenvolverase preferentemente en circuítos de cros (herba ou terra batida), en horario lectivo ou extraescolar.

A participación das categorías benxamíns finaliza no Campionato Provincial.

As categorías alevíns, infantís e cadetes participarán ademais no Campionato Galego organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Cada centro, club ou entidade deportiva poderá participar na primeira fase co número de equipos que desexe en cada categoría, deberán diferenciarse claramente na súa nomenclatura.

Para as seguintes fases, as entidades clasificadas poderán formar os equipos seleccionando aos seus atletas.

 

CLASIFICADOS POR EQUIPOS E INDIVIDUAIS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL

BENXAMÍN FEMININO: 3 Equipos Insua A, Insua B e Insua C

BENXAMÍN MASCULINO: 1 Equipo iNSUA A ( 6 atletas) e por individual Alex Rodriguez Lamas, José Guerrero González e Antón Díaz Suárez.

ALEVÍN FEMININO: Individuais Malak e Olivia Luque.

ALEVÍN MASCULINO: 1 Equipo Insua A e Individual Mohamed Elhamidy

INFANTIL FEMININO: 2 Equipos Insua A e Insua B

INFANTIL MASCULINO: 1 Equipo Insua A. Individual Iago Pérez Verdes.

CADETE MASCULINO:  Individual Mikel Vázquez Martínez.

 Resultados Benxamin Feminino Clasificatoria Zonal  Resultados Benxamin Masculino Clasificatoria Zonal
Resultados Alevín Feminino Clasificatoria Zonal Resultados Alevín Masculino Clasificatoria Zonal
 Resultados Infantil Feminino  Resultados Infantil Masculino
 

CADETE MASCULINO 

Clasificado Mikel Vázquez Martínez en segundo posto.

COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS

Cada equipo estará formado por seis atletas como máximo e catro como mínimo. Serán seleccionados preferentemente pola orde de chegada na carreira anterior. Exceptuando casos excepcionais que por lesión ou indisposición non puidera participar e a criterio dos mestres así o decidiran os mestres de EF nesta proba

Non se poderá completar un equipo con atletas de categorías inferiores.

Cada atleta soamente poderá participar na proba de cros coa entidade coa que estea dado de alta na modalidade de cros no programa Xogade.

 

CLASIFICACIÓNS

Estableceranse dúas clasificacións:

  • Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
  • Por equipos. Os equipos estarán formados por 6 persoas como máximo.

Puntuarán as catro mellor clasificadas nas categorías benxamíns, alevíns e infantís e, nas categorías cadetes, as tres mellor clasificadas. A puntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polas 4 (3 en cadetes) mellores clasificacións de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. Os puntos corresponderán co número de orde de entrada en meta. No caso de producirse un empate entre 2 ou máis equipos, resolverase a favor do equipo que obtivese a mellor clasificación na última participación que puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta con 4, ou en cadete 3, atletas non puntuarán como equipo.

Os membros de cada equipo en cada unha das fases para as que se clasifiquen non terán que ser necesariamente os mesmos.

Na fase provincial poderanse realizar 2 cambios na composición dos equipos no mesmo día da competición, ata media hora antes do inicio da competición, comunicándoo previamente na Secretaría da proba.

Para o Campionato Galego (alevín, infantil e cadete) clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así coma os 10 primeiros atletas clasificados individualmente que non estivesen incluídos nos equipos clasificados, sempre e cando entrasen na meta entre os 15 primeiros.

En casos excepcionais, ou por interese da selección galega, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá autorizar a participación de atletas a título individual que non participasen no campionato provincial, ou nunha fase comarcal.

SEGURO

Toda a documentación referente á cobertura do seguro está dispoñible na páxina www.xogade.xunta.gal e https://inscricion-xogade.xunta.gal.

Nesta páxina o acceso ao protocolo de actuación e á póliza do seguro é aberto.

Lembren que todo o corpo técnico, deportistas e familiares deben coñecer o protocolo de actuación do seguro de accidente deportivo.

AdxuntoTamaño
Resultados Clasificatoria Vilalba 2 decembro 23 Fase Zonal.xlsx30.23 KB
INSCRICIONS-NON-FEDERADOS Lugo.xlsx71.58 KB
AlumnADO sUSO 23-24.docx114.77 KB
infografia_SURNE (1).pdf110.86 KB
PROTOCOLO SEGURO DEPORTIVO XOGADE (1) (1).pdf119.74 KB
Nota Campo Través Provincial 16-12-23 CangasFoz.docx2.08 MB
Nota Campo Través Provincial 16-12-23 CangasFoz.pdf592.84 KB