SOLICITUDE DE PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024
Deberá presentar a solicitude: - Alumnado matriculado no CEIP Antonio Insua Bermúdez e usuario de comedor neste curso e que queira seguir sendo usuario do comedor escolar. - Novo alumnado matriculado no CEIP Antonio Insua Bermúdez para o curso 2023/2024 e que queira facer uso do comedor escolar.
Deberedes cubrir a AUTODECLARACIÓN (preme aquí para descargala) indicando a cantidade da renda neta de ano 2022 e presentala cuberta e asinada polos dous proxenitores (pai e nai) na Secretaría do centro en horario de 09:30h a 13:30h de luns a venres, dende a mañá de hoxe, 4 de xullo ata o 13 de xullo de 2023.
|
|||||||