Skip to Content

Resultados votacións aos representantes de nais/pais no consello escolar

Celebradas no día de hoxe, martes, 19 de novembro de 2024, as votacións para escoller os representantes de nais/pais ao consello escolar, os resultados das mesmas son os seguintes:

Paloma Castellano Copa: 17 votos

Francisco Javier González Roca: 12 votos

Elena Mª Carballal Pérez: 10 votos

Ronald Díaz Pérez: 6 votos

Cristina Lousada Mourenza: 4 votos

Votos nulos: 5

Entran a formar parte do consello escolar:

Paloma Castellano Copa e Francisco Javier González Roca

Quedan en condición de reserva:

Elena Mª Carballal Pérez, Ronald Díaz Pérez e Cristina Lousada Mourenza.

Saída ao Parque Rosalía de Castro

O alumnado de 5º de Educación Infantil, acompañado dos seus titores, desprazáronse ata o Parque Rosalía de Castro, onde puideron disfrutar dunha xornada matinal moi ben aproveitada. A súa chegada, saudaron á poetisa galega que pon nome ao noso fermoso parque;  observaron e identificaron modificacións que se producen na nosa contorna coa chegada do  outono, visitaron o mapa de España, o mirador... e, como non, tamén houbo tempo para coller folgos cunha boa merenda nos arredores do quiosco da música, e por suposto, tempo de brincar e  xogar cos compañeir@s na zona dos columpios.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Saída ao Parque Rosalía de Castro

Votación para a Representanción de Nais/Pais no Consello Escolar

O vindeiro martes, día 19 de novembro, en horario de 16:00h a 18:00h, terá lugar  o proceso de votación aos representantes de nais/pais no consello escolar.

As candidaturas presentadas son as seguintes:

Francisco Javier González Roca * * * 4256 * *

Paloma Castellano Copa * * * 4265 * *

Elena Mª Carballal Pérez  * * * 4738 * *

Ronald Díaz Pérez * * * 5580 * *

Cristina Lousada Mourenza * * * 3222 * * 

Prazo de presentación de candidaturas para a representación de familias no Consello Escolar

Prezadas familias,

Ao abeiro da RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18709/24), hoxe, martes, día 5 de novembro,  ábrese o prazo de sete días naturais para presentar candidaturas de representación de familias no Consello Escolar do Centro, no cal, darase resposta  a dúas vacantes de renovación.

A documentación debe ser achegada á administración do Ceip Anexa onde poden atopar tamén copias impresas.

Este prazo, remata o día 12 de novembro ás 13:30h, dando paso ao sorteo dos integrantes das mesas electorais para facer efectiva esta votación, o  martes, día 19 de novembro de 2024.

No seguinte enlace, pódese descargar o impreso para presentar candidatura.

 
 

Menús almorzo/xantar - Novembro 2024

Descarga aquí o menú de almorzo

Descarga aquí o menú de xantar

 

Máis información no apartado web de "Comedor Escolar"

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Samaín/Halloween/ Magosto 2024

Así de ben conmemoramos a festa de samaín / halloween e magosto no cole! Houbo obradoiros de cornetes, de manualidades,  truco o trato, contacontos de lendas e historias de medo, desfile pola rúa e unha boa merenda a base de castañas amenizada coa mellor música. Ah! e tamén a entrega de premios do certame literario " María Castaña 2024". 

Saímos no xornal "El Progreso" cantando a canción "No Samaín", e, ata o propio autor da canción que interpretamos, Paco Nogueiras (a quen lle estamos moi agradecidos pola súa música), aplaudíu a nosa actuación.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de El Progreso de Lugo (@elprogresodelugo)

 

 
 
 
 
 
 

 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Samaín/Halloween/Magosto 2024

Conmemoración Samaín, Halloween, Magosto 2024

A piques está a chegar, a festa do outono máis popular! Xa podes consultar o programa de actividades. Non a podes perder!!

Descarga aquí o programa de actividades

E  como  non, convidámosvos a presentar as vosas creacións poético-literarias no I Certame literario "María Castaña"

Descarga aquí a bases de participación do I Certame Literario "María Castaña"

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Eleccións para a renovación do Consello Escolar 2024

Segundo a resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de elección de membros escolares de centros educativos sostidos con fondos públicos (DOG 18.09.2024) dase comezo ás eleccións para a renovación do Consello Escolar.

Este ano 2024, toca renovación parcial no sector de mestres e no sector de nais/pais (dous membros).

Dende hoxe, luns 21 de outubro,  quedarán expostos, durante 10 días, no Portal Norte do Centro, o censo das familias que poden votar, abríndose dende esta data, un período de reclamación a dito censo. 

O martes, día 22 de outubro, terá lugar o sorteo dos membros da Xunta Electoral, e a partires das 14:00h do devandito día, farase público o resultado do mesmo.

Máis información, no seguinte arquivo: Circular Informativa Eleccións Consello Escolar 2024

 

 

 
 
 

Visita do ADC Lugo Sala

Xogadores máis o adestrador do ADC Lugo Sala, visitaron algunhas aulas do noso colexio. Comentáronnos o seu ascenso a segunda división e convidáronnos ao partido do vindeiro sábado. O CEIP Anexa deséxavos... Moita Sorte!!

 
 
 
 
 
 
 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Visita do ADC Lugo Sala

Obradoiro de Heráldica

O alumnado de 3º ciclo de E.Primaria, participou nun obradoiro de heráldica impartido por persoal pertencente ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, centro mixto do Consello Superiror de Investigacións Científicas e da Xunta de Galicia. O alumnado achegouse a algunhas das ferramentas ás que os historiadores recurren na súa actividade investigadora, neste caso, os emblemas heráldicos ou escudos.

 

 

 
 
 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Obradoiro de Heráldica
Distribuir contido


by Dr. Radut