A partires de hoxe, dispoñemos na nosa web (marxe dereito) dun "Punto Laranxa Virtual".
Premendo nel, accederase a unha caixa de correo, a través do cal, calquera discente poderá comunicar, de xeito anónimo, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.
Dispoñemos tamén, noso centro , un "Punto Laranxa Físico" coa mesma finalidade.
Trátase dunha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Plan Integral contra estas condutas, co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas, e, que os centros escolares, contemos cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións.
Con todo isto, seguimos a traballar no fomento da tolerancia cero ante calquera conduta contraria á convivencia.