Skip to Content

Visita dos Bombeiros de Lugo

Hoxe tivemos unha xornada moi especial no noso colexio! Integrantes do Corpo de Bombeiros de Lugo, achegáronse ata aquí, para darnos a coñecer máis de preto, unha grande parte das actividades tan importantes que realizan pola nosa seguridade; así como, ensinarnos como previr e como actuar, en situacións de perigo ou emerxencias que se dan moitas veces na contorna do fogar. E como non, tivemos a sorte de subir e coñecer por dentro o camión de bombeiros! Sen dúbida, unha mañá moi ben aproveitada!

       Xornal "La voz de Galicia" (Sábado, 12/10/24)

 

 
 
 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Visita dos Bombeiros de Lugo

Comezo das actividades extraescolares programadas polo Concello de Lugo

Infórmase, de que o vindeiro luns, día 14 de outubro, a partires das 16:00 h, e dentro dos horarios establecidos, darán comezo as actividades extraescolares programadas dende o Concello de Lugo.

Comunícase, así mesmo, que todas as solicitudes foron admitidas.

Proposta de actividades extraescolares - curso 2024/25

Na seguinte táboa, pódense consultar as diferentes propostas de actividades a desenvolver durante o presente curso escolar.

As actividades en cor azul, son as actividades xestionadas pola ANPA e teñen un custo variable. Para asistir a elas, deberase por en contacto coa ANPA na seguinte dirección de correo: asociacionanpaanexa@gmail.com

As actividades en cor vermella, son proporcionadas polo Concello de Lugo, e son de balde. Para poder asistir, deberase entregar nas oficinas do Ceip Anexa o formulario de inscripción que aparece no arquivo adxunto ao remate desta páxina.

A actividade de chinés será de balde. Na seguinte ligazón pódese consultar máis información.

 
 
 
 
 
 
 

Recollida dos vales de axuda de material escolar para Educación Infantil

O prazo de recollida dos vales de axuda de  material escolar para o alumnado de Educación Infantil, é o seguinte:

DO 23 DE SETEMBRO AO 4 DE OUTUBRO

 

  • As listaxes pódense consultar na seguinte dirección: 

https://www.lugo.gal/portal/tablonanuncios 

ou na oficina de educación.

 

  • Lugar de recollida: Oficinas da Concellería de Educación

(C.S. Uxío Novoneyra. Rúa Quiroga Ballesteros).

 

  • Horario de recollida: de 09:00h a 14:00h

 

  • Documentación que se precisa:
  • Certificado escolar onde conste identificación do neno/a así como o centro e o curso.

Importante: No caso de non recoller o vale o propio solicitante, deberá acompañarse dunha autorización deste máis a copia do DNI.

 

 

 
 
 
 
 
 
 

 

 

 

 

 

Información sobre a actividade de aprendizaxe do Chinés

No arquivo adxunto, pódese consultar a información relativa, enviada pola Escola Oficial de Idiomas de Lugo, sobre a realización da actividade, con carácter extraescolar, do ensino do Chinés. 

Información Aprendizaxe Lingua Chinesa

Os interesados poden mandar ao correo do Ceip Anexa o nome e curso do alumno/a interesado na actividade.

Está previsto que as clases  comecen o día 7 de outubro, aínda que, esta data pode sufrir variacións.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comezo Curso Escolar 2024-25

O vindeiro mércores, día 11 de setembro, en horario de 09:00 h a 14:00 h  dará comezo o curso escolar 2024-25 para todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria , agás o alumnado de 4º curso de Educación Infantil, que comezará o proceso de adaptación.

As quendas de entrada son as seguintes:

 

 

 
 
 
 
 
 

Entrega do fondo de libros e vales para a adquisición de material escolar

A partires do martes, día 3 de setembro, en horario de 10h a 13:30h poderanse recoller, na secretaría do centro, os libros adxudicados para o presente curso escolar a través do programa "Fondo Libros", máis os vales de axuda para material escolar que quedaron pendentes de recollida no mes de xullo.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comedor escolar Curso 2024/25

 ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS COMEDORES ESCOLARES -  CURSO 2024/2025.

Descargar o cartaz informativo

 As persoas interesadas en solicitar o alta no servizo como usuarias, deberán rexistrarse a través da nova APP de comedores COLECHEF

Máis información na Web do Concello de Lugo: 

Servizo Municipal de Comedores Escolares

O servicio de comedor estará disponible dende o primeiro día lectivo, o mércores 11 de setembro, e o servicio de madrugadores, dende o xoves,  12 de setembro.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Listaxes de libros e material funxible Curso 2024-25

Nos seguintes enlaces, pódese consultar e descargar a listaxe dos libros corrrespondentes a cada nivel para o vindeiro curso escolar 2024/25

Libros Educación Infantil

Libros Educación Primaria

Material Funxible 4º EP

Material Funxible 5ºA EP

Material Funxible 5ºB EP

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Calendario Escolar Curso 2024-25

Premendo no enlace, pódese descargar a ORDE do 12 de abril de 2024, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Os dous días de libre disposición escollidos polo centro son: 

  • luns, 4 de novembro de 2024
  • venres, 2 de maio de 2025.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut