Actividade de Orientación
O alumnado de 5º e 6º de EP tivo a sorte de achegarse ao deporte de orientación, da man de Francisco Varela Lorenzo, campeón a nivel nacional nas modalidades de RAIDS E MTB-O, a nivel europeo de RAIDS, e, de series mundiais de RAIDS. Gozaron de dúas xornadas (unha no centro e outra no parque Rosalía de Castro), nas que puxeron en acción corpo en mente. "Primeiro pensa e despois corre".