Skip to Content

2º EP visita a Granxa Escola Belelle

O pasado venres, día 7 de xuño, o alumnado de 2º curso de EP, desprazouse ao municipio de Neda, na Coruña, para visitar a Granxa Escola Belelle. Alí tiveron a oportunidade de aprender moitísimas cousas sobre diferentes animais: coellos, cabras, ovellas, galiñas, pavos reais e ata un dromedario!.

Fixeron pan, iniciáronse na equitación, identificaron plantas, árbores... Sen dúbida, unha excursión de remate de curso, XENIAL!!

 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Excursión 2EP Granxa escola Belelle


album | by Dr. Radut