Secretaría

Programación Xeral Anual curso 2023-2024

Achégase, para a súa consulta, a Programación Xeral Anual do centro correspondente ao curso 2023-2024.

 

 

Libros de texto curso 2021-2022

Achégase a lista de libros vixente para o vindeiro curso 2021-2022.

Centro Erasmus+

Para o vindeiro curso 2020-2021 o noso centro formará parte da rede de centros Erasmus+, o que permitirá que seis profesores/as do centro se despracen (se a situación sanitaria o pemite) a Reino Unido, Italia e Suecia para participar en actividades de formación e "job-shadowing" (período de aprendizaxe por observación) en centros considerados de referencia en boas prácticas educativas.

Reserva de praza en centros adscritos

O prazo para solicitar RESERVA de praza en centros adscritos para o curso 2024-2025 é do 15 do xaneiro ao 5 de febreiro de 2024.

 

Ten que presentar a solicitude de reserva unicamente aquel alumnado de 6º de primaria que teña previsto continuar os seus estudos no IES Félix Muriel de Rianxo.

 

Presentación de solicitude sen necesidade de acudir ao centro:

  • Acceso á aplicación de admisión e presentación telemática:

Presentación de solicitude no centro

  • Descarga do impreso de solicitude de reserva desde a propia aplicación.
  • Entrega da solicitude cuberta no CEIP Ana María Diéguez