DÍA DAS BIBLIOTECAS,
DE TODAS AS BIBLIOTECAS
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns (...).
Imaxinamos as bibliotecas coma uns teares onde enfiar relacións e coñecementos. Cada visita, cada lectura, cada conversación, aporta un fío único neste tecido comunitario".
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia é UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS , e quere poñer o foco na importancia do cómic na formación do itinerario lector, o cómic como un lugar no que encontrarse.
#DíaDasBibliotecas
#TecendoComunidades