O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, decretado polas Nacións Unidas co obxectivo de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil como dos adultos que sufren esta discapacidade e así poderlles brindar unha mellor calidade de vida.
A campaña de 2020 e que continúa neste 2021, céntrase no lema "Podo aprender, podo traballar". Reivindícase un esforzo por parte de autoridades e sociedade á hora de facilitar o acceso a unha educación de calidade para que as persoas con autismo poidan optar a un traballo remunerado e ser o máis autónomos e independentes posible.
Para isto precisamos de un cambio de mentalidade na sociedade para apoiar as necesidades, capacidades e prioridades das persoas con TEA, crear e manter os servicios de apoio precisos e promover a accesibilidade do colectivo en todos os ámbitos da sociedade.
Fai un xesto polo autismo!
Preme nas seguintes ligazóns para ver os vídeos