O Síndrome de Down é unha alteración xenética causada pola existencia de material xenético extra no cromosoma 21 chamado trisomía 21. O día 21 do mes 3, úsase para simbolizar esa trisomía.
Así, o 21 de marzo celébrase, dende o ano 2012, o Día Mundial do Síndrome de Down co obxectivo de crear conciencia dentro da sociedade do valor que teñen estas persoas así como reivindicar as súas aportacións, dereitos e independencia para a toma das súas propias decisións e crecemento persoal.
O ano pasado, o lema foi "Decidimos", co obxectivo de que as persoas con Down poidan ter unha participación plena na toma de decisións sobre asuntos que lles afecten. Este ano querese acadar que poidan conectarse e participar en igualdade de condicións cos demais en todos os ámbitos da vida.
Conectámonos para poder:
- Compartir ideas, experiencias e coñecementos.
- Empoderarse mutuamente para avogar pola igualdade de dereitos para as persoas con síndrome de Down.
- Chegar ás partes interesadas clave para acadar un cambio positivo.
Un montón de calcetíns, é unha campaña para visibilizar ás persoas con síndrome de Down. Animádevos tamén e compartide fotos dos vosos pés vestidos con calcetíns diferentes de cores vivas!!