PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/23
PRAZO do 1 ao 21 de marzo de 2022
COMO Por medio das seguintes canles:
- Aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
- Presentando a solicitude no centro de primeira opción (unha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia). Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, esta será vinculante.
DOCUMENTACIÓN :
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta na propia solicitude.
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno
- Certificado oficial do expediente académico, se é o caso.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.
BAREMACIÓN :
No caso de que se presenten máis solicitudes que prazas vacantes, procederíase á baremación das solicitudes nos 10 días hábiles contados a partir dos dous seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes (entre o 24 de marzo e o 6 de abril, ámbolos dous inclusives).
CONSULTA :
O centro publicará as listaxes de admitidos e non admitidos:
-Listaxes provisionais: antes do 25 de abril (reclamación: 5 días hábiles a partir do do seguinte á publicación das listaxes)
-Listaxes definitivas: antes do 16 de maio
O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:
- A través da aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
- Utilizando o código de solicitude e o número do DNI da persoa solicitante
SOLICITUDE :
- Solicitude de admisión (Formulario ED550B)
- Será facilitada gratuítamente :
- Nos correspondentes centros escolares
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados)
- Na aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
- Nesta páxina web (ao final deste texto poderedes descargar a solicitude en pdf)
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
PRAZO: do 20 ao 30 de xuño
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-ModeloAdmisiónGalego.pdf | 1.13 MB |
Zonificacion Alvarez Limeses.pdf | 44.27 KB |
Zonificación.pdf | 30.56 KB |
Plano de influencia Álvarez Limeses.pdf | 2.48 MB |