MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-2022
O prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro é do 20 ao 30 de xuño, de 9:30 a 13:30. Non é preciso solicitar cita previa.
Deberá presentarse no centro a seguinte documentación debidamente cuberta:
- Impreso de matrícula
- Anexo III
- Tres fotografías actuais, tamaño carné
- Certificado médico no que se faga constar que o neno ten postas todas as vacinas que lle corresponden pola súa idade.
- Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria
- Impreso de elección de relixión ou alternativa
- Impreso de autorización de imaxe
- Cuestionario sobre lingua materna
Todos estes impresos facilitaranse na secretaría do centro ou ben poderán descargarse desde esta mesma páxina nos arquivos adxuntos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMPRESO MATRÍCULA.pdf | 455.68 KB |
Anexo III infantil e primaria.pdf | 427.8 KB |
AUTORIZACIÓN IMAXE FINAL.pdf | 164.25 KB |
CUESTIONARIO LINGUA MATERNA.pdf | 89.49 KB |
IMPRESO ELECCIÓN ALTERNATIVA-RELIGIÓN.pdf | 407.8 KB |