Skip to Content

Blogues

Propostas de tarefas para o martes día 24 de Marzo

Propostas de tarefas para 5º Educación Primaria o martes 24 de Marzo.

Continuamos traballando co pdf de matemáticas, na páxina 155, faremos o exercicio 4,5, 6 e o cálculo mental. Da seguinte páxina 156, os exercicios 1,2 e 3.

Lembrarvos que tedes as solucións aos exercicios. Comprobade que os fixéchedes correctamente. E no caso de non ser así, revisade onde puidechedes ter o erro u erros.

En canto a materia de lingua galega, enviamos un novo pdf, con pequenas lecturas de comprensión lectora con diferentes exercicios sinxelos. Non é necesario que imprimades o pdf, simplemente ledes e respostades as preguntas sobre o texto no caderniño de lingua galega. Comezade co primeiro texto que se titula "Rex" e tentade respostar as preguntas acerca do texto. 

En canto a ciencias sociais, trata de averiguar como se chama un monte dentro da provincia de Pontevedra, que comeza por A e remata en A, e que é considerado Parque Natural. Iremos dando pistas cada día para ir resolvendo o misterio. Se podes, axúdate para investigar co Google Earth que montes atopas na provincia de Pontevedra.

 

 

Actividades sobre a primavera

Boa tarde familias,

deixovos por aquí unhas actividades para traballar a estación nova na que nos atopamos... a primavera!

un saúdo!

Activities for 1st grade (23rd -27th March) PDF

 

 

 

 

Hello kids,

Here you are some activities for this week

See you!

Teacher Luisa

 

Proposta de actividades voluntarias 1º

Adxunto a proposta de actividades. Como xa vos dixen, son actividades voluntarias cuxa única pretensión é axudar, si é que o precisades.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut