Skip to Content

Conmemoracións

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

03/12/2020 10:25
Europe/Madrid

Hoxe é un día importante, hoxe é o "Día Internacional Das Persoas Con Discapacidade".

Este ano a celebración fixémola toda a comunidade educativa participando na iniciativa "Baixo O Mesmo Paraugas" para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.

Por eso as familias e docentes abrimos os nosos paraugas cara a inclusión. Aquí deixamos estas fotos tan divertidas!!! Gracias por participar!!!

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2020 21:11
Europe/Madrid

Hoxe conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o cole Alexandre Bóveda estivemos traballando diferentes actividades.

A través do programa Radio na biblio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, da mande Iria Piñeiro, gravou estes videos. O resultado final a continuación! Están feitos/as uns grans locutores/as!!

 

  

 

Por outra banda, colaboramos co Concello de Redondela na elaboración de bolboretas de diferentes tipos para adornar tanto o noso cole coma outros edificios de Redondela, no noso caso o multiusos de Chapela en honra as irmás Mirabal.

 

 

Tamén traballouse na hora de lectura destes días diferentes contos e libros relacionados coa igualdade de xénero. Podedes consultar algúns no blogue da biblioteca.

 

"NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO"

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

24/11/2020 17:52
Europe/Madrid

O pasado venres 20 de novembro celebramos o "Día Mudial da Infancia".

Este ano os/as nenos/as de Angorén convertíronse en verdadeirxs superheroes e superheroínas!!! 

Estamos moi orgullosxs de como manexades a situación e respectades esta nova situación e todo o que implica. 

Este video vai por vós!!!

 

 

"Un gran poder conleva unha gran responsabilidade"

Seguiremos loitando polos vosos dereitos sempre.

 

"SAMAÍN PARTE II" E "MAGOSTO"

03/11/2020 16:12
Europe/Madrid

Despois de toda a semana terrorífica...aquí  deixamos un resumo do ben que o pasamos o venres!!

Tocou facer manualidades de Samaín para o noso museo terrorífico e despois...unha rica merenda de castañas!!

Gracias a ANPA pola súa colaboración, estaban...BOÍSIMAS!! Canso

"SAMAÍN 2020" PARTE I

00/00/
Array

Os nenos e nenas do Alexandre Bóveda realizaron un auténtico teatro de sombras do máis terrorífico! Partindo do conto "Os esqueletos divertidos".

Esperamos que o desfrutedes!!!

 

 

Tamén se converteron en artistas coa axuda das especialistas de inglés creando este mural entre todxs!

Quen é capaz de atoparse?

 

 

CONTINUARÁ...

Día Internacional das Bibliotecas

00/00/
Array

O pasado 24 de outubro foi o "Dia Internacional das Bibliotecas" e no cole celebrámolo dunha manera especial.

O curso pasado, coa colaboración de todas as familias, propuxemos uns diseños novos para a casa da nosa Caracolatola, que xa tiña ganas de cambiar!

Aquí vos deixamos un vídeo de todos os orixinais deseños. Grazas por colaborar e botarlle imaxinación! Partindo disto, cada grupo diseñou entre todxs unha propia que pronto compartiremos con todos vós!

Por outra banda, tamén construimos as nosas bibliotecas de aulas, xa que este ano, pola situación actual, non podemos acudir á biblioteca como de costume, pero ésta é unha boa solución!

Deixámosvos o enlace ao blogue para que poidades ver toda a información e fotos.

Guiño

http://caracolatola.blogspot.com/

Distribuir contido


by Dr. Radut