Hoxe foi un día especial, tanto, que festexamos o Día Internacional contra a violecia de Xénero.
Como non podía ser menos, dende o centro propuxemos a realización de receitas marabillosas para tratar a igualdade. Nas aulas creamos fórmulas especiais para combater este mal que tanto dano fai á humanidade. Saíron mesturas realmente boas que, se se levasen á practica, poderían ser moi beneficiosas para todos e todas!
O 20 de Novembro celébrase o Día Universal da Infancia, é unha ocasión especial para que todos e todas coñezamos os dereitos dos nenos e nenas e recordar a importancia de traballar para acadar o benestar de todos eles/elas.
Este ano a celebración deste día tan especial para o noso alumnado vai ligado ao proxecto de "Galicia Máxica" baixo o lema “A Infacia é Maxia".
Preme no vídeo para coñecer os seres máxicos do noso cole e como quedou a entrada ao centro.
Nalgúns lugares de Galicia, os/as pequenos/as saen cada ano, no día de Defuntos a pedir unha esmola polos que xa non están.
O pasado 29 de outubro, para festexar o Samaín, levamos esta fermosa tradición á nosa escola. Todo o alumnado e os/as mestres/as pasamos por todas as aulas pedindo dita esmola.
“Unha limosniña polos defuntiños que van alá”
Cada aula agasallou a cada grupo cun dos elementos necesarios para elaborar a nosa especial “Queimada de protección contra o mal de lingua”: zume de arándanos e froitos vermellos, lambetadas, chocolates,… e unha especial insignia.
Con todos estes elementos, cada grupo elaborou unha deliciosa queimada, ritual durante o cal recitaron os magníficos conxuros que prepararan nas aulas.
Que mellor fin de festa de Samaín que un desfile de terroríficos disfraces e baile ao son de escalofriantes melodías.
Como este ano o 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas, coincide con domingo, no cole decidimos celebralo uns días antes.
Neste curso, cunha especial ilusión, celebramos o Día das Bibliotecas con dúas propostas.
Seguindo o noso proxecto de centro Galicia Máxica, o alumnado de todo o cole visualizou a película "O bosque animado". Desta forma, aínda que cumplindo o protocolo COVID, a biblioteca A Caracola Tola volve a cobrar vida gracias á presencia dos nenos e nenas.
Por outra banda, quixemos implicar ó alumando de forma directa na decoración da biblio, xa que é un espazo para todo o cole do que todas e todos somos partícipes.
Cada clase escolleu un conto e o representou nun lienzo empregando diferentes técnicas. O resultado... moita ilusión de todos os nenos e nenas ao poder colaborar coa biblio, e por suposto, unhas composicións preciosas.
Esta foi unha ocasión que nos permitiu, a través da maxia e a fantasía, recordar que na nosa biblio teñen cabida diferentes linguaxes.
Os nenos e nenas de educación infantil, 1º, 2º e 3º de primaria gravaron uns estupendos programas de radio que vos deixamos adxuntos nesta publicación para que os escoitedes!! Aprendemos novas cousas sobre a radio e pasámolo xenial!!
Ademais, todo o colexio fixemos un mural sobre a Xela Arias e a nosa lingua!!
Mirade que ben nos quedou!!
Para rematar a semana, este ano dun xeito diferente, celebramos o tradicional maratón das Letras Galegas....estade atentos que moi pronto subiremos un vídeo dxs nosxs expertxs corredorxs...
Esta semana celebramos a tradicional festa dos Maios.
Cada clase decorou con flores, ovos, laranxas e limóns unha parte do maio. Este ano decidimos facelo dun xeito diferente...mirade os vídeos que orixinal nos quedou!!
O luns 3, co noso maio listo, baixamos a cantar as coplas ao resto do alumnado, iso si, vestidos con camisa branca e pantalón vaqueiro para non perder a tradición!!
Pasamos unha mañá diferente moi divertida!!
A continuación podedes escoitar as coplas de cada aula!!
Cada aula elixiu un conto, o cal leron e traballaron durante toda a semana. Despois plasmaron as súas ideas nunha folla xigante ca que formamos o noso libro xigante do Angorén.
Magnífico traballo dxs nosxs alumnxs que podedes ver no seguinte vídeo
Un día moi importante a traballar na educación, para transmitir a importancia da igualdade en todos os ámbitos.
Este ano relacionamos esta conmemoración co noso proxecto de centro "Saúde!" e por iso investigamos sobre diferentes mulleres deportistas galegas e os seus deportes, así coma a importancia de facer exercicio para manter unha vida saudable.
Grazas á inciativa da Xunta de Igualdade por esta campaña: Coñecendo as nosas deportistas.
Podedes ver os murais que se traballaron partindo de toda a información que obtivemos dende infantil a primaria.
Este ano tamén tiñamos ganas de celebrar o entroido, aínda que dunha maneira diferente... Puidemos facer un desfile no cole!!!
Gustaríanos ter ás familias connosco nesta celebración... Pero esperamos moi pronto poder volver a xuntarnos e compartir moitos máis momentos xuntos!!!
Mentres tanto podedes ver o vídeo do desfile dxs nenxs relacionado co proxecto deste ano: Saúde!
Para celebrar o "Día Mudial da Radio" xs nenxs do cole participaron nesta inciativa proposta por "Ponte... nas ondas!" na que presentan a nosa "Radio Beretiño".
A continuación podedes escoitar o podcast que con moita ilusión gravaron na radio da biblioteca.