Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2021 17:32
Europe/Madrid

 RECEITAS POLA IGUALDADE 

Hoxe foi un día especial, tanto, que festexamos o Día Internacional contra a violecia de Xénero.

Como non podía ser menos, dende o centro propuxemos a realización de receitas marabillosas para tratar a igualdade.
Nas aulas creamos fórmulas especiais para combater este mal que tanto dano fai á humanidade.
Saíron mesturas realmente boas que, se se levasen á practica, poderían ser moi beneficiosas para todos e todas!

Tomade boa nota delas! ;)

     

 

Día Universal da Infancia 2021

19/11/2021 13:23
Europe/Madrid

O 20 de Novembro celébrase o Día Universal da Infancia, é unha ocasión especial para que todos e todas coñezamos os dereitos dos nenos e nenas e recordar a importancia de traballar para acadar o benestar de todos eles/elas.

Este ano a celebración deste día tan especial para o noso alumnado vai ligado ao proxecto de "Galicia Máxica" baixo o lema “A Infacia é Maxia".

Preme no vídeo para coñecer os seres máxicos do noso cole e como quedou a entrada ao centro.

AXUDA MÁSCARAS

16/11/2021 11:01
Europe/Madrid

Deixámosvos adxunto a listaxe de alumnado que recibirán máscaras por parte do centro por ser beneficiario da axuda de material escolar.

Unha vez dispoñibles manderémolas a través do alumnado xunto cun recibí que debe volver ao día seguinte firmado.

 

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material poderá solicitalas cubrindo o ANEXO I e II (adxunto nesta publicación) entregándoa do 15 ao 26 de novembro de forma presencial no centro pedindo cita previa a través do teléfono: 886120405.

 

Este alumnado deberá cumprir algunhas das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000€.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Podedes consultar a información no seguinte enlace: Orde DOG Venres, 12 de novembro de 2021 (xunta.gal)

MAGOSTO 2021

16/11/2021 08:23
Europe/Madrid

SAMAÍN 2021

09/11/2021 15:55
Europe/Madrid

“Queimada de protección contra o mal de lingua”

Nalgúns lugares de Galicia, os/as pequenos/as saen cada ano, no día de Defuntos a pedir unha esmola polos que xa non están.

O pasado 29 de outubro, para festexar o Samaín, levamos esta fermosa tradición á nosa escola. Todo o alumnado e os/as mestres/as pasamos por todas as aulas pedindo dita esmola.

“Unha limosniña polos defuntiños que van alá”

Cada aula agasallou a cada grupo cun dos elementos necesarios para elaborar a nosa especial “Queimada de protección contra o mal de lingua”: zume de arándanos e froitos vermellos, lambetadas, chocolates,… e unha especial insignia.

Con todos estes elementos, cada grupo elaborou unha deliciosa queimada, ritual durante o cal recitaron os magníficos conxuros que prepararan nas aulas.

Que mellor fin de festa de Samaín que un desfile de terroríficos disfraces e baile ao son de escalofriantes melodías.

 

 
 

Pasámolo de medo!

No noso Twitter podedes acceder a todas as fotos e videos: https://twitter.com/AngorenCole

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

04/11/2021 13:00
Europe/Madrid

 

ELECCIÓNS  CONSELLO ESCOLAR

Comezamos co proceso para a renovación parcial do Consello Escolar. A continuación mostrase información dos postos vacantes, así como das datas importantes durante o proceso.

POSTOS VACANTES:

3 representantes de claustro 

2 representantes de familias

· 

CALENDARIO DE EVENTOS RELACIONADOS

Día 29  de Outubro Sorteo Público Xunta Electoral ( 1 Profesorado - 1 Familias)

- Titular: Beatriz Vidal Ferreira

 

- Titular: Jorge Cobelas Sobrino

 

Día 3 de Novembro Constitución Xunta Electoral

Día 4 de novembro de 2021

·        Publicación do Censo no taboleiro interior do centro. Poderase presentar reclamacións na Secretaría, dirixidas a Xunta Electoral, ata o día 12 de novembro ás 13:45 horas. Os modelos de reclamación poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO).

 

·      Presentación candidaturas iníciase o 5 de novembro e remata ás 14 horas do día 12 de novembro. Os modelos de candidaturas poden solicitarse por correo electrónico, teléfono ou descargalos da web (DOCUMENTO ADXUNTO).

    

Día 15 de novembro de 2021

 Reunión da Xunta Electoral (ás 13:45 horas) para:

- Resolver as reclamacións ó Censo

- Proclamación pública de candidaturas presentadas.

Sorteo dos compoñentes da Mesa Electoral de familias.

 

Día 8 de novembro de 2021

Reunión Claustro ás 13:45 horas:

·        

o    Lectura normas das eleccións.

·        

o    Fixar data Claustro extraordinario para as eleccións do sector de Profesores.

 

Día 17 de novembro de 2021

Reunión da Xunta Electoral ás 13:45 horas (se hai reclamacións á proclamación de candidaturas)

Día 23 de novembro de 2021

VOTACIÓNS:

·        

Pais/nais:              De 8:45   a   9:30.- De 13:00   a   14:00.- De  15:45   a   17:45

·        

Mestres:                Claustro extraordinario ás 18:00 horas

 

Día 24 de novembro de 2021

Reunión da Xunta Electoral ás 13:45 horas para:

·        

Supervisar as actas das mesas electorais e resolver as reclamacións.

·        

Proclamar candidatos electos.

·        

Enviar actas á Xefatura Territorial e comunicación do prazo de reclamacións.

 

Día 30 de novembro de 2021

·        

Constitución do novo Consello Escolar, ás 18:00h

 

Antes do 17 de decembro de 2021

·        

Envío de actas Xefatura territorial

 

 

MENÚ COMEDOR NOVEMBRO 2021

29/10/2021 08:08
Europe/Madrid

Aquí deixámosvos o menú de novembro.

Bo proveito!

Menú comedor Samaín

26/10/2021 10:45
Europe/Madrid

Con motivo do próximo Samain desde Calidus queremos celebralo coas nenas e nenos dos nosos comedores cun menú temático.

Por iso enviámosvos o cartel do día  29 de outubro, para que poidades trasladar a información tanto ás nais e pais como ás nenas e nenos.

O menú consta de:

- Crema de calacú con arácnidos ( fideos de chocolate)

- Pizza  tenebrosa de  sanmain

- Biscoito de teas de araña.


Esperamos que gocen do menú tanto como nós elaborándoo.


*Aproveitamos a ocasión para informarlles que hoxe martes 26 de outubro cambiamos a sobremesa establecida no menú mensual ( froita) por natillas de chocolate.

Día das Bibliotecas 2021

24/10/2021 11:29
Europe/Madrid

Como este ano o 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas, coincide con domingo, no cole decidimos celebralo uns días antes. 

Neste curso, cunha especial ilusión, celebramos o Día das Bibliotecas con dúas propostas.

Seguindo o noso proxecto de centro Galicia Máxica, o alumnado de todo o cole visualizou a película "O bosque animado".  Desta forma, aínda que cumplindo o protocolo COVID, a biblioteca A Caracola Tola volve a cobrar vida gracias á presencia dos nenos e nenas.

Por outra banda, quixemos implicar ó alumando de forma directa na decoración da biblio, xa que é un espazo para todo o cole do que todas e todos somos partícipes. 

Cada clase escolleu un conto e o representou nun lienzo empregando diferentes técnicas. O resultado... moita ilusión de todos os nenos e nenas ao poder colaborar coa biblio, e por suposto, unhas composicións preciosas. 

Esta foi unha ocasión que nos permitiu, a través da maxia e a fantasía, recordar que na nosa biblio teñen cabida diferentes linguaxes.

Deixámosvos a continuación o resultado!! 

 
 
   

"UN CLIC PARA EL COLE"

18/10/2021 11:09
Europe/Madrid

Xa está de volta a iniciativa de Amazon "Un clic para el cole".

O curso pasado conseguimos para o cole, grazas á vosa participación, unha tablet, un xogo e material funxible. 

A ver que tal este curso!!

 

POTES MÁXICOS

06/10/2021 20:51
Europe/Madrid

Comezamos un novo curso e con él, un novo proxecto cheo de maxia!!

No mes de setembro cada aula estivo a decorar o seu pote máxico no que mesturaron toda a ilusión e gañas coa que emprendemos esta nova aventura!! 

Botáronlle imaxinación e creatividade...e velaquí que potes máis fermosos decoran os corredores do noso cole...

         

Que nos deparará o seguinte mes? 

Presentación proxecto de centro curso 2021/2022

06/10/2021 13:23
Europe/Madrid

E con esta imaxe presentámosvos o proxecto deste ano a nivel de centro: "Galicia Máxica"

 

 

 

 

 

Os principais temas que desenvolveremos e traballaremos ao longo deste curso son os que aparecen nas estrelas da imaxe. Intentaremos aprender moitas cousas relacionadas coa maxia de Galicia, primando a parte práctica para afianzar os contidos.

Xa sabedes que este proceso de ensino-aprendizaxe está aberto a toda a comunidade educativa, polo que se alguen quere participar non dubide en contactar con nós!

A por un curso máxico todxs xuntxs!!

 

MENÚ COMEDOR OUTUBRO 2021

30/09/2021 13:58
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de outubro.

Bo proveito!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

13/09/2021 14:03
Europe/Madrid

ELECCIÓNS ANPA

13/09/2021 11:20
Europe/Madrid

Dende a ANPA Os Muiños comunícannos que hai novas eleccións.

Adxuntamos a circular para que podades ver as vacantes e a organización.

 

O calendario electoral será o seguinte:

 Apertura do prazo de presentación de candidaturas: 13/9/21

Publicación de listas provisionais: 23/9/21

Publicación de listas definitivas: 29/9/21

Asemblea electoral e votacións: 20/10/21

Toma de posesión do novo equipo directivo: 31/10/21 

MENÚ COMEDOR SETEMBRO

09/09/2021 08:16
Europe/Madrid

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de setembro.

Bo proveito!

 

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

01/09/2021 14:19
Europe/Madrid

O vindeiro luns 6 e martes 7 de setembro teremos as reunións iniciais coas familias no centro.

Pode acudir un familiar á reunión por alumno/a con máscara e mantendo a distancia de seguridade. Non deben acudir os cativos/as.

A continuación aparecen o día, hora e lugar por curso:

 

4ºEI: Luns 6 de setembro ás 13:00 na pista do colexio (no caso de choiva no patio de columnas).

5ºEI: Luns 6 de setembro ás 10:00 na pista do colexio (no caso de choiva no patio de columnas).

6ºEI: Luns 6 de setembro ás 10:00 diante do ximnasio.

1ºEP: Luns 6 de setembro ás 11:30 na pista do colexio (no caso de choiva no patio de columnas).

2ºEP: Martes 7 de setembro ás 11:30 diante do ximnasio.

3ºEP: Luns 6 de setembro ás 11:30 diante do ximnasio.

4ºEP: Martes 7 de setembro ás 10:00 na pista do colexio (no caso de choiva no patio de columnas).

5ºEP: Martes 7 de setembro ás 10:00 diante do ximnasio.

6ºEP: Luns 6 de setembro ás 13:00 diante do ximnasio.

AXUDAS DE COMEDOR ESCOLAR 2021-2022

26/07/2021 10:54
Europe/Madrid

Aberto o prazo para solicitar axudas para comedor escolar no Concello de Redondela.

 

- Alumnado destinatario: 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos) e educación primaria (6-12 anos)

- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 26 de agosto de 2021

 

Ligazón da páxina do Concello de Redondela:

http://redondela.gal/es/subvenciones

 

Adxuntos: 

Bases da convocatoria 

Extracto publicado no BOPPO

AXUDAS EDUCACIÓN INFANTIL 2021-2022

23/07/2021 12:59
Europe/Madrid

Aberto o prazo para solicitar axudas para libros e material no Concello de Redondela.

- Alumnado destinatario: 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos)

- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de agosto de 2021

 

Ligazón da páxina do Concello de Redondela:

http://redondela.gal/gl/subvencions

 

Adxuntos:

Bases da convocatoria

Extracto publicado no BOPPO

LISTAS DEFINITIVAS DE AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

05/07/2021 09:37
Europe/Madrid

Deixámosvos adxuntos as listaxes definitivas de fondolibro (de 3º a 6º de primaria) e as axudas para a adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e material escolar.

O mércores 7 de xullo (de 9:00 a 14:00) tedes que acudir ao centro a recoller os vales. Os libros de fondolibro entregaranse en setembro. 

Se non poden acudir os titores legais deben traer unha autorización firmada conforme lle permite a outra persoa recollelo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut