Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Start: 22/05/2023 08:59
E por fin chegou o día tan agardado por todo o alumnado do noso cole: a celebración do Maratón das Letras Galegas.
A MAREA VERMELLA DO ANGORÉN desprazouse a zona do paseo, na rúa do Peirao do Porto de Chapela, para desfrutar dunha xornada de convivencia e deporte xunto co resto de coles de Chapela e reivindicar o uso do GALEGO
Tras disputar todas as nosas carreiras con moita ilusión e animar moito nas demáis… todos gañamos a medalla de ouro en ESFORZO, COMPAÑEIRISMO E DIVERSIÓN !!!
Xa estamos agardando pola próxima edición
Start: 22/05/2023 13:02
Dende o departamento de Educación física apostouse por achegar o piragüismo ao alumnado do cole da man do Club Piragüismo Olívico.
Esta semana o alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron a gran sorte de probar os kayaks e as piraguas. Ata Bouzas fomos, con moitas ganas, pero tamén con un pouco de medo.
Chalecos salvavidas postos, pois a seguridade é o primeiro, alá fomos montar nos kayaks e nas piraguas. Para que todo salise ben, precisabamos da coordinación e do equilibrio que tanto traballamos en EF. Ás veces rematamos na auga, pero un chapuzón non nos botou para atrás e volvemos probar!
O resultado foi espectacular. Todos e todas conseguiron montar e remar Grazas infinitas a Jose e a Miguel. Primeiramente por facer posible esta saída e achegarnos este deporte tan chulo. Tamén por guiarnos e acompañarnos en todo momento. E, por suposto, por rescatarnos cando o necesitamos!!
|