Eventos
O maratón das Letras Galegas será o día 19 de maio na zona do paseo, na rúa do Peirao do porto de Chapela co resto dos centros educativos da nosa zona.
A planificación dese día é a seguinte:
Se queredes saber o percorrido de cada un dos cursos podedes acceder ao enlace:
Este ano colaboran: Concello de Redondela, Unicef, DISCAMINO
A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Programa Municipal de Conciliación para este ano 2023, unha iniciativa que busca que veciñas e veciños poidan compaxinar a vida laboral e familiar e permitir que as e os participantes poidan gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival.
O prazo de inscrición, totalmente de balde, permanecerá aberto dende o día 18 de maio ata o día 31 de maio.
O programa está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
O horario será de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
Máis información: http://redondela.gal/es/anuncios
Nos adxuntos atoparedes as bases e ficha de incrición.
E por fin chegou o día tan agardado por todo o alumnado do noso cole:
a celebración do Maratón das Letras Galegas.
A MAREA VERMELLA DO ANGORÉN desprazouse a zona do paseo, na rúa do Peirao do Porto de Chapela, para desfrutar dunha xornada de convivencia e deporte xunto co resto de coles de Chapela e reivindicar o uso do GALEGO
Tras disputar todas as nosas carreiras con moita ilusión e animar moito nas demáis… todos gañamos a medalla de ouro en ESFORZO, COMPAÑEIRISMO E DIVERSIÓN !!!
Xa estamos agardando pola próxima edición
Dende o departamento de Educación física apostouse por achegar o piragüismo ao alumnado do cole da man do Club Piragüismo Olívico.
O resultado foi espectacular. Todos e todas conseguiron montar e remar
Xa está publicado no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de
libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2023-2024.
O alumnado que pode solicitar estas axudas é:
-1º e 2º de Educación Primaria: Axuda para compra de libros e material.
-3º a 6º de Educación Primaria: Préstamo de libros (fondo solidario) e axuda material.
* Presentación de solicitudes: ata o 21/06/2023
Para a solicitude tedes que acceder ao seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
1º Abrirase a seguinte páxina e tedes que premer no botón de arriba á dereita:
2º Na seguinte páxina tedes que acceder coa chave 365 e o voso DNI:
Para solicitar a Chave 365 premer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa?langId=es_ES
Para máis información sobre a Chave 365: htts://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES
3º Tedes que premer na palabra "cidadán" (no menú da parte esquerda).
4º Nesta páxina, posteriormente, podedes consultar as solicitudes a través do DNI. Abaixo no botón laranxa prememos para "Crear unha nova solicitude"
5º Búsqueda do centro: Provincia de Pontevedra - Concello de Redondela - CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda
6º Seleccionar o alumno/a e iniciar solicitude. Se non aparece o alumno/a premer en iniciar solicitude para outro alumnado.
7º Cubrir os datos e premer en "presentación en papel no centro". En caso de querer presentalo de forma telemática non tedes que traer nada ao centro e premer no botón: presentación telemática.
Se a presentades no centro tedes que imprimir a solicitude e o anexo II e traelos ao centro asinados xunto cunha fotocopia do libro de familia e o orixinal, e de ser o caso fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, certificado do grao de discapacidade...
O horario de presentación no centro será todos os días de 8:50-9:30 ou de 13:00 a 13:35 e os martes de 16:00-18:00.
No caso de presentala na Sede Electrónica da Xunta non tedes que facer nada, chéganos un correo de aviso ao centro.
A continuación podedes ver a táboa-resumo das axudas segundo a renda do ano 2021.
Calquera dúbida tedes adxunto nesta publicación o manual de axuda ou podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405.
XXIV Festival de títeres de Redondela
Hoxe o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria aproveitaron a viaxe en bus para merendar e xogar no parque de Redondela e despois ver a obra “Trapito viajero”.
Mergullámonos na historia de Mara, unha nena con moito apego cara o seu trapito. Éste viaxou por moitos lugares ata reencontrarse coa súa gran amiga. Toda a viaxe acompañada de música para gozar do espectáculo!!
Neste precioso día de primavera, o alumnado de educación infantil disfrutou dunha visita ao Museo do Mar e máis unha merenda e tempo de ocio na alameda de Bouzas. No museo, viron, tocaron e estiveron en contacto con seres vivos e inertes que espertaron o seu interese polo mundo mariño. Non o puideron pasar mellor!
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023
Entre todo o alumnado fixemos un mural colaborativo para traballar a figura do homenaxeado deste ano: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, a quen debemos, xunto a outros dous membros da RAG, a celebración desta data.
INFANTIL realizou a súa caricatura.
PRIMEIRO E SEGUNDO reproduciron dun xeito moi creativo as portadas dalgúns dos seus libros.
TERCEIRO E CUARTO fixeron un acróstico a partir do seu nome e apelidos.
QUINTO E SEXTO elaboraron unha liña do tempo coas datas máis significativas da súa vida.
Animádevos a visitalo na entrada do centro!!
Aberto o prazo para solicitar axudas para comedor escolar no Concello de Redondela.
- Alumnado destinatario: 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos) e educación primaria (6-12 anos)
- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23 de xuño de 2023
Ligazón da páxina do Concello de Redondela:
http://redondela.gal/gl/subvencions
Máis información nos documentos adxuntos
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de xuño.
Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.
Bo proveito!
O alumnado de nova incorporación de educación infantil e primaria admitido no centro para o curso 2023/2024 deberá formalizar a matrícula, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013 nas seguintes datas:
- Martes, 27 de xuño de 9:00 a 10:30 ou de 12:00 a 14:00
- Mércores, 28 de xuño de 9:00 a 10:30 ou de 12:00 a 14:00
Deberán traer cuberto os dous documentos adxuntos nesta entrada: formalización de matrícula e actualización de datos.
Calquera dúbida podedes chamar ao centro: 886120405 ou mandar un correo: ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal
A continuación podedes ver a lista de libros de texto do curso 2023 - 2024.
En adxuntos podedes descargar o documento.