Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Maio 11, 2023
Start: 11/05/2023 13:24
Hoxe tivemos na biblio da Caracolatola unha visita moi especial: “Polo Correo do Vento”. 
 
O día das letras galegas está a caer e no Alexandre Bóveda xa estamos quentando motores. 
 
Este ano o homenaxeado é Francisco Fernández del Riego e hoxe puidemos coñecer a súa historia grazas a unha pequena biografía ilustrada de Polo correo do vento.
Dende os máis pequenos ata os medianos do cole, gozaron dunha sesión “espectacular”, así a definían algúns dos participantes.
 
Ademais de achegarnos á figura das Letras Galegas deste ano, axudáronnos a desenvolver un chisquiño máis a nosa creatividade  e expresión artística. Antes de comezar o obradoiro escoitamos algunha voz de “eu non sei debuxar” mais os resultados amosan todo o contrario, cada un e cada unha obtivo una estupenda caricatura de Francisco Fernández del Riego! 
 
Grazas Enrique Mauricio por agasallarnos con esa historia oral e Carlos Taboada por guiarmos no noso debuxo!
 
 
 
 
 
Martes Maio 16, 2023
Start: 16/05/2023 10:00

O maratón das Letras Galegas será o día 19 de maio na zona do paseo, na rúa do Peirao do porto de Chapela co resto dos centros educativos da nosa zona.

A planificación dese día é a seguinte: 

 

Se queredes saber o percorrido de cada un dos cursos podedes acceder ao enlace:

https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1BusSmedCcHpF11AyvZrh93STwvAkGhD9&ll=42.26740841953366%2C-8.673642708626524&z=16

 

Este ano colaboran: Concello de Redondela, Unicef, DISCAMINO

 

Xoves Maio 18, 2023
Start: 18/05/2023 09:15

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela vén de abrir o prazo de inscrición para participar no Programa Municipal de Conciliación para este ano 2023, unha iniciativa que busca que veciñas e veciños poidan compaxinar a vida laboral e familiar e permitir que as e os participantes poidan gozar de actividades lúdico-educativas no tempo estival.

O prazo de inscrición, totalmente de balde, permanecerá aberto dende o día 18 de maio ata o día 31 de maio.

O programa está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

O horario será de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

Máis información: http://redondela.gal/es/anuncios

 

Nos adxuntos atoparedes as bases e ficha de incrición.

Luns Maio 22, 2023
Start: 22/05/2023 08:59

E por fin chegou o día tan agardado por todo o alumnado do noso cole:

a celebración do Maratón das Letras Galegas.

 

A MAREA VERMELLA DO ANGORÉN desprazouse a zona do paseo, na rúa do Peirao do Porto de Chapela,  para desfrutar dunha xornada de convivencia e deporte xunto co resto de coles de Chapela  e reivindicar o uso do GALEGO

 

 

Tras disputar todas as nosas carreiras con moita ilusión e animar moito nas demáis… todos gañamos a medalla de ouro en ESFORZO, COMPAÑEIRISMO E DIVERSIÓN !!!

     

Xa estamos agardando pola próxima edición

 

 

 

Start: 22/05/2023 13:02

Dende o departamento de Educación física apostouse por achegar o piragüismo ao alumnado do cole da man do Club Piragüismo Olívico.

                                                  

Esta semana o alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron a gran sorte de probar os kayaks e as piraguas. Ata Bouzas fomos, con moitas ganas, pero tamén con un pouco de medo.
Chalecos salvavidas postos, pois a seguridade é o primeiro, alá fomos montar nos kayaks e nas piraguas. Para que todo salise ben, precisabamos da coordinación e do equilibrio que tanto traballamos en EF. Ás veces rematamos na auga, pero un chapuzón non nos botou para atrás e volvemos probar!
 
            

O resultado foi espectacular. Todos e todas conseguiron montar e remar 
Grazas infinitas a Jose e a Miguel. Primeiramente por facer posible esta saída e achegarnos este deporte tan chulo. Tamén por guiarnos e acompañarnos en todo momento. E, por suposto, por rescatarnos cando o necesitamos!!
Martes Maio 23, 2023
Start: 23/05/2023 09:06
Esta mañá, todo o cole gozou dunha actividade de astronomía da man de Julio e Mónica.
Compartiron con nós a súa afición polo universo que nos rodea.
Aprendemos moito e quedamos con ganas de saber máis!!
  
  
Grazas por visitarnos! Ata outra!
Start: 23/05/2023 10:27

Xa está publicado no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se abre o prazo para o Fondo solidario de

libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2023-2024.

 

O alumnado que pode solicitar estas axudas é: 

-1º e 2º de Educación Primaria: Axuda para compra de libros e material. 

-3º a 6º de Educación Primaria: Préstamo de libros (fondo solidario) e axuda material.

 

* Presentación de solicitudes: ata o 21/06/2023

 

Para a solicitude tedes que acceder ao seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

1º Abrirase a seguinte páxina e tedes que premer no botón de arriba á dereita:

 

2º Na seguinte páxina tedes que acceder coa chave 365 e o voso DNI:

 

Para solicitar a Chave 365 premer no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/cita-previa?langId=es_ES 

Para máis información sobre a Chave 365:  htts://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365?langId=es_ES

 

3º Tedes que premer na palabra "cidadán" (no menú da parte esquerda).

 

4º Nesta páxina, posteriormente, podedes consultar as solicitudes a través do DNI. Abaixo no botón laranxa prememos para "Crear unha nova solicitude"

 

5º Búsqueda do centro: Provincia de Pontevedra - Concello de Redondela - CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda

 

6º Seleccionar o alumno/a e iniciar solicitude. Se non aparece o alumno/a premer en iniciar solicitude para outro alumnado.

 

 7º Cubrir os datos e premer en "presentación en papel no centro". En caso de querer presentalo de forma telemática non tedes que traer nada ao centro e premer no botón: presentación telemática.

 

Se a presentades no centro tedes que imprimir a solicitude e o anexo II e traelos ao centro asinados xunto cunha fotocopia do libro de familia e o orixinal, e de ser o caso fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, certificado do grao de discapacidade...

O horario de presentación no centro será todos os días de 8:50-9:30 ou de 13:00 a 13:35 e os martes de 16:00-18:00.

No caso de presentala na Sede Electrónica da Xunta non tedes que facer nada, chéganos un correo de aviso ao centro.

  

A continuación podedes ver a táboa-resumo das axudas segundo a renda do ano 2021.

 

Calquera dúbida tedes adxunto nesta publicación o manual de axuda ou podedes mandar un correo ao ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal ou chamar ao 886120405.

 

 

 

Start: 23/05/2023 11:45

XXIV Festival de títeres de Redondela

Hoxe o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria aproveitaron a viaxe en bus para merendar e xogar no parque de Redondela e despois ver a obra “Trapito viajero”.

Mergullámonos na historia de Mara, unha nena con moito apego cara o seu trapito. Éste viaxou por moitos lugares ata reencontrarse coa súa gran amiga. Toda a viaxe acompañada de música para gozar do espectáculo!!

 

 

Start: 23/05/2023 17:28

Neste precioso día de primavera, o alumnado de educación infantil disfrutou dunha visita ao Museo do Mar e máis unha merenda e tempo de ocio na alameda de Bouzas. No museo, viron, tocaron e estiveron en contacto con seres vivos e inertes que espertaron o seu interese polo mundo mariño. Non o puideron pasar mellor!

                

Mércores Maio 24, 2023
Start: 24/05/2023 08:56

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Entre todo o alumnado fixemos un mural colaborativo para traballar a figura do homenaxeado deste ano: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, a quen debemos, xunto a outros dous membros da RAG, a celebración desta data.

INFANTIL realizou a súa caricatura.

 


PRIMEIRO E SEGUNDO reproduciron dun xeito moi creativo as portadas dalgúns dos seus libros.

  

TERCEIRO E CUARTO fixeron un acróstico a partir do seu nome e apelidos.

 

QUINTO E SEXTO elaboraron unha liña do tempo coas datas máis significativas da súa vida.

 
Animádevos a visitalo na entrada do centro!!

Martes Maio 30, 2023
Start: 30/05/2023 08:21

 

Aberto o prazo para solicitar axudas para comedor escolar no Concello de Redondela.

 

- Alumnado destinatario: 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos) e educación primaria (6-12 anos)

 

- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23 de xuño de 2023

 

Ligazón da páxina do Concello de Redondela:

http://redondela.gal/gl/subvencions

 

Máis información nos documentos adxuntos

Mércores Maio 31, 2023
Start: 31/05/2023 13:26

Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de xuño.

Podedes descargar todos nos adxuntos desta entrada.

Bo proveito!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut