Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
2
Start: 02/05/2022 13:24
A Caracola Tola convidou á biblio a unha artista mondaricense que presentounos a obra de Yayoi Kusama.
Despois fixemos un trivial cun dado que propoñía diferentes retos e preguntas sobre a mesma para poder gañar un montón de círculos de cores cos que creamos o recuncho na biblio da Caracolatola representando unha verdadeira obra de arte.
Tamén levouse a cabo un bingo de formas e unha manualidade con material de refugallo creando á propia Yayoi Kusama.
| 3
Start: 03/05/2022 09:03
Despois deste longo trimestre de traballo decidimos rematalo dun xeito especial. Seguimos metidxs no proxecto de "Galicia Máxica" e aproveitando que comezaba a pimavera, realizamos un Taller Waldorf de creación de seres máxicos. Dividímonos por ciclos e cada un encargouse de elaborar un ser diferente: bolboretas, ananos, fadas... Con diferentes lás de cores, fíos e imaxinación saíron estas fermosas creacións que podedes ver no seguinte video!
Con este taller e diferentes xogos damos por rematado este 2º trimestre!!
Agora toca desfrutar das vacacións!!
Start: 03/05/2022 09:18
Chega una nove edición de ARTELIXO do Condello de Redondela. Un ano máis, dene o cole, decidimos partcicipar nesta iniciativa, concienciando e ensinando así, a darlle un segundo uso os materias de refugallo. Aproveitando o noso proxecto, entre todo o alumnado, elaboramos unha maqueta dun antigo poboado castrexo. Nas seguintes imaxes podedes ver que artistxs están feitos os nenos e nenas do cole Angoren e fixádevos ben, que non falta detalle: castros, arbores, murallas, vexetación, animais...
Start: 03/05/2022 13:07
Marzo é un mes de mulleres e dende o cole queremos resaltar a figura de Ernestina Otero, muller importante no campo da educación. Gracias ó Concello de Redondela e "Polo Corredor do Vento" por acercarnos a esta gran muller a través dun contacontos na biblioteca da Caracola Tola. Ademáis, dende o equipo de dinamización, o Beretiño, deixounos varias actividades no taboleiro do cole para poder aprender moitas máis cousas sobre a vida e obra de Ernestina Otero.
Start: 03/05/2022 13:09
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria viaxou no tempo para coñecer o tesouro agochado nas salas de Arqueoloxía do Museo Provincial de Pontevedra.
Start: 03/05/2022 13:14
Neste mes tan especial para as bibliotecas leváronse a cabo actividades no exterior do cole para todo o alumnado. Grazas a especialista de música e a voluntariedade dalgúns nenxs fixeron "RECREOS MUSICAIS". Con grandes actuacións para o resto do cole!!
Ademáis xs nenxs de 5º crearon uns CONTACONTOS fantásticos cunha posta a punto única. Como nos gusta celebrar e compartir! Grazas a todxs por esa gran colaboración
Culminamos o mes coa celebración polo "Día do Libro" coa proposta "Enfeitízate coa lectura", moi relacionado co noso proxecto deste ano "Galicia Máxica". Así todo o alumnado do cole fixo recomendacións lectoras en pócemas máxicas para enfeitizarnos coa lectura de diferentes contos. Encántanos compartir gustos e ver o cole coas nosas propostas.
O teu navegador non soporta este vídeo. | 4
Start: 04/05/2022 08:22
O alumnado de 5º de Primaria, acudíu o xoves día 28 de abril a Radio Vigo. Foi unha visita na que houbo un traballo previo no centro e na que todos crearon un programa de radio. Alí, tivemos a oportunidade de grabar unha cuña para a promoción do noso centro e ademáis, coñecer as diferentes instalacións.
Posteriormente, baixamos a TeleVigo, onde disfrutamos vendo o set de control e como se crea a pragramación dunha canle de televisión. Ademáis, gozamos moito facendo preguntas e sendo os presentadores dun telexornal!!
Nos anexos podedes escoitar o resultado destes fantásticos Podcast!!! Start: 04/05/2022 12:50
Esta semana descubrimos que alguén estaba a gastar trasnadas polas clases e o cole… Atopamos pistas e descubrimos que era o Leprechaun dende Irlanda Fixemos unha trampa para cazalo entre todo o alumnado do cole nas horas de pluriinfantil e plurilingüismo.
A sorpresa de hoxe… Uns sacos con tesouros para todas e todos
Thank you leprechaun!!!! | 5
Start: 05/05/2022 10:51
“AÍ VEN O MAIO DE FLORES CUBERTO…” Canto gozamos das tradicións galegas, nesta segunda xornada dos maios Velaquí un anaquiño das nosas coplas. Un aplauso, artistas!
E como non, non podían faltar as coplas dos nosos mestres e, xa por fin este ano, a participación das familias cunha representación das mesmas. Moitísimas gracias a todos/as por esta xornada de Maios 2022. Para o ano máis e mellor!!
O noso cole está cheo de grandes artistas!!! Bravo!!
| 6
| 7
| 8
|