Eventos
Aquí vos deixamos o menú de comedor do mes de febreiro.
Bo proveito!
Na biblioteca da Caracola Tola comezamos coa formación de usuarios e usuarias, fundamental para un correcto funcionamento da mesma, manter a orde e fomentar a autonomía dos nosos nenos e nenas.
Esta formación tamén e validad para as mestras e mestres fomentando un traballo colaborativo, no coidado da biblioteca en todo o persoal do centro.
Aquí podedes ver algúns dos carteis que dende xa están postos nas paredes da biblioteca.
Esperamos que vos guste e que lle demos un bo uso!
O dia 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz e Non Violencia Escolar , nós sabemos a importancia de colaborar todos xuntos e xuntas e por iso elaboramos un mapa sobre diferentes zonas xeográficas.
Todos e todas aprendimos moitas cousas sobre as zonas traballada e aínda que xa o sabiamos, recordamos que todos e todas,
sexamos de onde sexamos estamos sobre o mesmo chan.
Dende música o alumnado do cole preparou unha canción para conmemoras esta data tan sinalada: "A PEOR XOGADA".
"O Alexandre Bóveda unido pola PAZ"
11-F
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Hoxe adaptamos novo recuncho na biblioteca Caracola Tola.
Recomendaicóns lectoras sobre a temática. Presentamos a diferentes mulleres e os seus inventos para
realizalos todo o alumnado adaptado aos diferentes niveis.
Grazas as nenas e nenos de 6º de primaria por ensinarnos o proceso!!!
Aquí podedes ver ao alumnado participando neste recuncho!!!
Familias!!
Con este video podedes mergullarvos no noso día a día cos máis pequenos e pequenas do cole.
Ensinámosvos a nosa forma de traballar, sempre respectando o ritmo de cada nena e neno cunha ensinanza individualizada.
Apostamos por unha metodoloxía manipulativa e vivencial.
Esperámosvos con moita ilsuión
Familias!!
Poñémonos en contacto con vós para informarvos que a Deputación de Pontevedra reiniciou o programa “En ruta coa Depo” dirixido a entidades sociais da provincia de Pontevedra.
Este programa ten por obxecto a concesión dunha excursión dentro da provincia de Pontevedra á entidades sen ánimo de lucro coa finalidade de fomentar o tecido asociativo á vez que promociona e dá a coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.
Solicitaranse as seguintes rutas:
Prioridade 1 Ruta 22 Illas Cíes: Illas Cíes e barrio mariñeiro do Berbés en Vigo. (prioridade para otras asociacións) Esta ruta se realizará solamente cuando opere el barco. Comida tipo pícnic.
Prioridade 2 Ruta 30: Pontevedra e Marín: senda do Río Lérez, Apípolis, Granxa de Briz, Lago Castiñeiras e contorno do Ecoparque ( seleccionada pola deputación para Anpas).
Prioridade 3 Ruta 31: Barro: parque da natureza do río Barosa; Campo Lameiro: Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre; Valga: Fervenzas de Raxoi e Pedrafita, área recreativa e praia fluvial de Ponte Valga. ( seleccionada pola deputación para Anpas).
Precisamos que vos anotedes se estades interesados e cubrades e devolvades a través dos titores, buzón o mail.
Máis información no documento adxunto nesta entrada
Animádevos!!
Este ano queríamos facer un Entroido algo diferente... E a súa vez seguir aprendendo cousas do noso proxecto "Galicia Máxica".
E que será máis máxico que o noso ENTROIDO GALEGO?!
Podedes ver os diferentes obradoiros que fixemos todo o alumnado, dende 4º de infantil ata 6º de primaria, practicando, elaborando, traballando e sobre todo DESFRUTANDO das tradicións destas datas tan especias para a nosa comunidade.
Comezamos co FOLIÓN de Laza inaugurando a festa ao máis puro ritmo de percusión
Seguimos co percorrido parando en... Xinzo de Limia interpretando o seu DOMINGO FARELEIRO
Próxima parada en Verín co obradoiro de COMADRES E COMPADRES
Non foron os únicos sitios que visitamos... Tamén investigamos e aprendimos un montón de cousas das Pitas de Eiroás, do Oso de Salcedo, dos Xenerais do Ulla, das Madamas e Galáns e dos Vergalleiros. Cantas cousas esconde a nosa Galicia Máxica...
O Entroido no cole só acaba de empezar!!!
Como é tradición, esta semana tivemos as ordes do Meco e nesta ocasión mandounos diferentes ordes relacionadas co noso proxecto de "Galicia Máxica"
LUNS: Un OBXECTO MÁXICO traerás para o Meco enfeitizar
MARTES: Se ao mal de ollo queres espantar,con CAPA ao cole viás
MÉRCORES: Mouchos, curuxas, sapos e bruxas...un SÍMBOLO CELTA pintarás, e a túa cara adornarás
XOVES: Facemos unha trasnada...e vimos en BATA, CAMISÓN ou PIXAMA