Eventos
“Queimada de protección contra o mal de lingua”
Nalgúns lugares de Galicia, os/as pequenos/as saen cada ano, no día de Defuntos a pedir unha esmola polos que xa non están.
O pasado 29 de outubro, para festexar o Samaín, levamos esta fermosa tradición á nosa escola. Todo o alumnado e os/as mestres/as pasamos por todas as aulas pedindo dita esmola.
“Unha limosniña polos defuntiños que van alá”
Cada aula agasallou a cada grupo cun dos elementos necesarios para elaborar a nosa especial “Queimada de protección contra o mal de lingua”: zume de arándanos e froitos vermellos, lambetadas, chocolates,… e unha especial insignia.
Con todos estes elementos, cada grupo elaborou unha deliciosa queimada, ritual durante o cal recitaron os magníficos conxuros que prepararan nas aulas.
Que mellor fin de festa de Samaín que un desfile de terroríficos disfraces e baile ao son de escalofriantes melodías.
Pasámolo de medo!
No noso Twitter podedes acceder a todas as fotos e videos: https://twitter.com/AngorenCole
Deixámosvos adxunto a listaxe de alumnado que recibirán máscaras por parte do centro por ser beneficiario da axuda de material escolar.
Unha vez dispoñibles manderémolas a través do alumnado xunto cun recibí que debe volver ao día seguinte firmado.
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material poderá solicitalas cubrindo o ANEXO I e II (adxunto nesta publicación) entregándoa do 15 ao 26 de novembro de forma presencial no centro pedindo cita previa a través do teléfono: 886120405.
Este alumnado deberá cumprir algunhas das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000€.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Podedes consultar a información no seguinte enlace: Orde DOG Venres, 12 de novembro de 2021 (xunta.gal)
O 20 de Novembro celébrase o Día Universal da Infancia, é unha ocasión especial para que todos e todas coñezamos os dereitos dos nenos e nenas e recordar a importancia de traballar para acadar o benestar de todos eles/elas.
Este ano a celebración deste día tan especial para o noso alumnado vai ligado ao proxecto de "Galicia Máxica" baixo o lema “A Infacia é Maxia".
Preme no vídeo para coñecer os seres máxicos do noso cole e como quedou a entrada ao centro.
RECEITAS POLA IGUALDADE
Hoxe foi un día especial, tanto, que festexamos o Día Internacional contra a violecia de Xénero.
Como non podía ser menos, dende o centro propuxemos a realización de receitas marabillosas para tratar a igualdade.
Nas aulas creamos fórmulas especiais para combater este mal que tanto dano fai á humanidade.
Saíron mesturas realmente boas que, se se levasen á practica, poderían ser moi beneficiosas para todos e todas!
Tomade boa nota delas! ;)
Aquí vos deixamos o menú do mes de decembro.
Bo proveito!
Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.
As actividades darán comezo o 22 de decembro e rematarán o 7 de xaneiro do 2022 e desenvolveranse de luns a venres (agás os días 24 e 31 de decembro).
A documentación desta convocatoria publicarase na páxina web municipal e como adxunto nesta entrada.
Poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM).
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 10 de decembro de 2021, ambos dous días incluídos.
Para máis información pinchade no seguinte enlace:
http://redondela.gal/es/anuncios
Hoxe celébrase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Fucional.
Dende o cole traballamos durante esta semana sobre as diferentes capacidades que temos todos e todas. A uns e unhas dásenos ben cantar, bailar, a outros e outras as matemáticas, o inglés, cociñar, xogar o fútbol, o xadrez pero o que si temos claro é:
QUE TODOS E TODAS SOMOS IGUAIS NAS COUSAS IMPORTANTES DA VIDA:
DIVERTIRNOS
TER AMIGOS E AMIGAS
QUERERNOS
SOÑAR
DESFRUTAR
Por iso,non debemos esquecer que todos e todas estamos
Este libro nace do interese por descubrir a maxia que envolve a nosa terra e a nosa cultura e é froito da colaboración das familias coa escola.
Agradecemos moitísimo as vosas magníficas achegas para que isto fose posible.
Orgullosas e orgullosos do noso.
Velahí vai!