Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
21
Start: 21/06/2021 10:54
Durante o terceiro trimestre fomentamos a actividade física, movemento e hábitos saudables a través de diferentes retos. Desexábamos con gañas que chegase o venres para ver eses vídeos marabillosos cás familias e descubrir o novo reto da seguinte semana!! GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!! Como broche final, non queremos despedirnos sen ensinarvos o resultado final dunha coreografía conxunta do alumnado do colexio. Desfrutade do verán e...A SEGUIR MOVENDO O ESQUELETO ASÍ DE BEN!!
| 22
Start: 22/06/2021 10:50
Que mellor para pasar un rato agradable no verán que unha boa recomendación lectora! Así son as recomendacións lectoras dos libros que che fai a Biblioteca Caracola Tola para este ano...
A Biblioteca Caracola Tola e todo o equipo de mestres e mestras do CEIP Alexandre Bóveda deséxanvos un verán cheo de historias e cousas boas! Start: 22/06/2021 13:24
Para rematar este mes de xuño co proxecto de "Saúde" traballamos a seguridade vial. O pasado xoves, 17 de xuño, tivemos a sorte de contar ca policía local de Redondela e a Garda Civil. Nunha primeira parte da actividade, estivemos moi atentos ao que nos contaban acerca dos perigos e das normas que debemos seguir cando camiñamos pola nosa localidade. A través duns vídeos, aprendemos a importancia de coñecer os sinais, respectar ao resto de peóns, ter coidado ao cruzar a rúa... Despois, chegaba a parte que estábamos desexando...poder ver e subir nos seus coches e descubriri como son por dentro e todo o que levan!! Aínda con mal tempo...PASÁMOLO XENIAL!!
| 23
Start: 23/06/2021 11:52
Publicamos a continuación as datas sobre as axudas de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2021/2022:
Publicación das listaxes provisionais: xoves 1 de xullo Publicación das listaxes definitivas: luns 5 de xullo
Recollida de vales (libros de texto e material): mércores 7 de xullo (9:00-14:00) *no caso de non poder recoller o vale os proxenitores é preciso unha autorización de ambas partes con nome, apelidos e DNI.
Os libros de fondo solidario entregaranse en setembro ao comezo de curso.
Calquera dúbida podedes chamar ao 886120405 ou mandar un correo a ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.gal | 24
| 25
| 26
| 27
|