Skip to Content

Material escolar curso 2024-25

13/09/2024 09:42
Europe/Madrid

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DA ADXUDICACIÓN DE LIBROS E VALES MATERIAL ESCOLAR

08/07/2024 13:42
Europe/Madrid

 

  • Publicadas, no taboleiro do centro, as listas para consultar a adxudicacion provisional de Fondo Libros e Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 

  • Prazo de reclamación: martes e mércores de 10:00 a 14:00. 

 

LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN PRIMARIA, CURSO 2024-25

15/06/2024 03:12
Europe/Madrid

 

A continuación, premendo en cada curso, podedes acceder á listaxe de libros de texto correspondente ao curso 2024-25:

                                                      

1º E. Primaria

2º E. Primaria

3º E. Primaria         

4º E. Primaria

5º E. Primaria

6º E. Primaria

 

 

ANIVERSARIO ALEXANDRE BÓVEDA

31/05/2024 02:05
Europe/Madrid

 

 A vindeira semana celebraremos unha serie de actos en homenaxe a Alexandre Bóveda, con motivo do 121º aniversario do seu nacemento.

Está preparado con moito agarimo e ilusión e agardamos que poidades acompañarnos.

A continuación e adxunto o programa de actos.

31 de maio, XXIX Maratón Letras Galegas Chapela

29/05/2024 06:32
Europe/Madrid

 

Coma xa sabedes non queda nada para o XXIX Maratón de Letras Galegas en Chapela.

Unha xornada de convivencia e deporte á que agardamos poidades asistir.

 

CANDO?  O venres 31 de maio

CAL É O HORARIO?  De 10:00 a 14:00h. 

ONDE? No CEIP de Laredo e a súa contorna

QUEN PARTICIPA? Participan o CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, O CEIP Plurilingüe Igrexa Chapela, o CEIP de Laredo, o IES de Chapela, Discamino e Amicos.

QUEN COLABORA? Colabora o Concello de Redondela, o Banco de Alimentos e Discamino

A QUE HORA SON AS CARREIRAS? A continuación compartimos o programa. Por favor, lembrade que os horarios son orientativos e poden variar

 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-25

24/05/2024 18:47
Europe/Madrid

 

  • Curso 2024/2025
  • Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.
  • Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
  • Procedemento administrativo:  ED330B
  • HORARIO DE SECRETARÍA (Atención ao público)
    • Mañás: 13:00-14:00  
    • Martes: 16:00-18:30

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 Máis información:

 

 

 

 

 

 

 

 

UNHA SEMANIÑA ENTEIRA, RETO 6

 

O luns todo o alumnado e profesorado do Alexandre Bóveda, xuntarémonos no patio para poñer o broche de prata e acibeche a esta marabillosa iniciativa de "Unha Semaniña enteira" lanzada polos IES e o Concello de Redondela e á que agora nos unimos tamén os CEIP no mes das Letras Galegas.

Compartimos convosco este tutorial que preparou a profe Elena para que poidades practicar, tamén, dende a casa coa familia. A bailar!!

 

"Unha noite no muiño,

unha noite non é nada,

unha semaniña enteira

esa si que é muiñada"

 

 

Proceso de Admisión 2024-25

01/03/2024 00:37
Europe/Madrid

 

 

 

Solicitude de Admisión

Prazo: do 1 ao 20 de marzo

 

Normativa e manuais

Para PRESENTAR unha SOLICITUDE deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

PRESENTACIÓN NA SEDE ELECTRÓNICA:

  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.


Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

PRESENTACIÓN NO CENTRO:

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

FORMULARIO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

GALEGO

CASTELÁN

 

HORARIO PARA ENTREGAR SOLICITUDES NO CENTRO

* MAÑÁS: 12:00 – 15:00h

* MARTES TARDE: 16:00 – 18:30h

 

Alumnado ao que vai dirixido

Novo alumnado

Prazo de presentación das solicitudes

Do 1 ao 20 de marzo de 2024

Documentación

Solicitude:

550B-Galego

550B-Castelán

DNI do alumno/a ou libro de familia.

DNI dos pais.

Resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.

E todos aqueles necesarios para evidenciar os puntos alegados.

Presentación de solicitudes

Na secretaría do centro.

 

A través da Sede Electrónica.

A través da aplicación “admisionalumnado”.

Normativa reguladora do proceso de admisión

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Ordedo 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado.

Servizos complementarios que ofrece o centro

Madrugadores.

Comedor.

Transporte escolar.

IMPORTANTE

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 

CALENDARIO 2024-25

Do 1 de marzo ao 20 de marzo

Presentación de Solicitudes de Admisión. Modelo

ED550B-Galego

ED550B-Castelán

Do 22 de marzo ao 12 de abril

Presentación da Documentación do Baremo de ser necesario.

25 de abril

Publicación da Lista Provisional.

Do 26 de abril ao 3 de maio

Presentación de Reclamacións á Lista Provisional.

15 de maio

Publicación da Lista Definitiva.

Do 20 de xuño ao 30 de xuño

Formalización da Matrícula.

 

VACANTES CURSO 2024/25

*NEAE= Alumnado con Necesidades Especificas de Apoio Educativo

CURSO

VACANTES

CURSO

VACANTES

4º Ed. Infantil

18

2 (NEAE*)

1º Ed. Primaria

4

2 (NEAE*)

5º Ed. Infantil

6

2º Ed. Primaria

10

6º Ed. Infantil

11

3º Ed. Primaria

10

 

4º Ed. Primaria

5

5º Ed. Primaria

 

6º Ed. Primaria

1

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

05/02/2024 02:24
Europe/Madrid

LECTURA E FAMILIAS

12/12/2023 01:03
Europe/Madrid

 

LECTURA E FAMILIAS

Como parte dos festexos de fin de trimestre, gustaríanos convidarvos a dúas

actividades organizadas baixo o Programa de Bibliotecas Escolares Lectura e

Familias, que terán lugar na Biblioteca do cole.

 

O 14 de decembro ás 16:00h, Contacontos con Obradoiro "A árbore de Nadal", a

cargo da mestra Ángela. 

Destinado a alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria. 

 

O 19 de decembro, Contacontos con Obradoiro "As árbores atrapacontos",

de Anxo Moure.

Nesta ocasión para todos os públicos e en dous pases: ás 16:00h e ás 17:00h

 

 

O 12 de xaneiro, Contacontos "Travesías", de Raquel Queizás.

Para Infantil e Primaria e en dous pases: ás 16:00h e ás 17:00h

 

Cada sesión ten aforo limitado a 30 alumnas/os. 

Todo o alumnado virá acompañado dun/ha familiar. 

 

Agardamos a vosa inscrición na secretaría do centro.

 

25 N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

25/11/2023 00:06
Europe/Madrid

 

"Que ninguén che corte as ás. O amor non engaiola"

Preme na imaxe

Festexos de Magosto e Samaín

27/10/2023 19:11
Europe/Madrid

E pola tarde...

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

28/09/2023 16:36
Europe/Madrid

 

Estas son as actividades extraescolares que saen adiante:

 

Contacontos para bebés na Biblioteca Xela Arias

16/09/2023 16:05
Europe/Madrid

 

  Por causas alleas á biblioteca, múdase a data do contacontos para bebés na Biblioteca Xela Arias de Chapela:

-- Contacontos “Unha tarde especial con Dori”, con Batucado & Emusin.
A nova data será o martes 3 de outubro, ás 17:00 h. Para nen@s de 1 a 3 anos.
Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca Xela Arias de Chapela (teléfono: 986-454-226, correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal). De balde.

 

3, 2, 1... Comezamos!

08/09/2023 15:28
Europe/Madrid

 

Queridos alumnado e familias,

Xa temos todo preparado para recibirvos o luns e comezar este curso con enerxías renovadas.

Temos moitas ganas de vervos e moita ilusión por este curso que temos por diante.

Agardámosvos coma sempre ás 8:45h en horario habitual,

excepto 4ºEI que terán o horario do período de adaptación 

que lles entregou a titora na reunión.

Gozade da fin de semana que xa non queda nada.

Unha aperta de todas as/os mestras/es. Contade connosco  3, 2, 1... comezamos!

 

 

Listas de Material Escolar, curso 2023-24

08/09/2023 00:53
Europe/Madrid

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

07/09/2023 01:40
Europe/Madrid

 

Estas son as actividades que, grazas á ANPA, teremos no cole polas tardes.

Nos adxuntos atoparedes os modelos de inscripción e o cadro de actividades.

O alumnado levara os modelos impresos para casa, o vindeiro luns 11.

Calquera dúbida poñédevos en contacto con elas no teléfono 617 395 139

INSCRIPCIÓN DE COMEDOR E AUTORIZACIÓN DE IMAXE

07/09/2023 01:57
Europe/Madrid

 

Nos adxuntos atoparedes a folla de inscripción do comedor, a autorización de imaxe e o menú para o mes de setembro.

O alumnado levará estes modelos impresos, para a casa, o luns 11.

Para calquera dúbida, poñédevos en contacto coas mamás da ANPA, nos teléfonos 654 796 838 e 617 395 139

Este é o menú de comedor para o mes de setembro.

INSCRIPCIÓNS SOCIOS/AS DA ANPA

07/09/2023
Europe/Madrid

  

No adxunto podedes atopar o modelo de inscripción para facervos socias/os da ANPA. 

AXUDAS EDUCACIÓN INFANTIL 2023-2024

27/06/2023 10:40
Europe/Madrid

Aberto o prazo para solicitar axudas para libros e material no Concello de Redondela.

- Alumnado destinatario: 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos)

- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de agosto de 2023

 

Ligazón da páxina do Concello de Redondela:

http://redondela.gal/es/subvenciones

FEIRA GASTRONÓMICA

26/06/2023 09:12
Europe/Madrid
O pasado mércores celebramos a fin deste estupendo ano escolar da mellor forma posible: I EDICIÓN DA FEIRA GASTRONÓMICA MASTERCEIP 
Foi un curso cheo de receitas e bos momentos ao redor da mesa e non podíamos comezar o verán sen degustar os manxares do Angorén.
Cada curso, guiados pola titora e acompañados polas familias, prepararon uns postos de comida moi variados e todos eles deliciosos: humus, empanada, biscoito, batidos, bolas de xeado con froita, bombóns, tostas variadas, vasiños de iogur, ovos recheos e afternoon tea! 
A comida, pero sobre todo, a compañía e compartir momentos xuntos, fixeron desta xornada un dos mellores días do ano para toda a comunidade educativa.
       
 
Despedímonos por todo o alto e agora mergullámonos no verán! 
Volvemos en setembro! 
Distribuir contido


by Dr. Radut